Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PECHARÁ A PARTIR DE MAÑÁ AO TRÁFICO RODADO A PONTE SOBRE A VÍA DO TREN EN FREIXEIRO
A medida permitirá aos peatóns cruzar sobre a vía do tren na zona de Freixeiro-Piñeiros con tódalas garantías de seguridade, ao prohibirse a circulación rodada polo vial
Narón, 20 de marzo de 2019. O Concello de Narón pechará a partir de mañá ao tráfico rodado a ponte sobre a vía do tren na zona da rúa Ortega y Gasset, que comunica os barrios de Freixeiro e Piñeiros. Esta medida será efectiva desde primeira hora da mañá e en tanto non se materialice unha solución definitiva ao paso peonil nesa zona, polo que os peatóns poderán a partir de mañá cruzar sobre a vía do tren con tódalas garantías de seguridade, ao prohibirse o tránsito de vehículos polo citado vial. Desde o Concello reparouse na última semana o vial que discurre paralelo á via do tren nese punto da cidade, co que se poderá transitar por el ata a rúa Álvaro Paradela. A alcaldesa, Marián Ferreiro, continúa á espera de recibir o estudo de viabilidade que, sobre un paso peonil soterrado, se comprometeron a remitir responsables de ADIF na reunión mantida o pasado 18 de febreiro en León e á que acudiron Ferreiro e o edil de Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo. A rexedora local plantexou nese encontro a posibilidade de que nesa zona concreta da cidade se constrúa un paso peonil soterrado que poderían cofinanciar o Concello e ADIF trala posible sinatura dun convenio entre ambas partes.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal