Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO CONVOCA O "I CONCURSO DE BELÉNS. CIDADE DE NARÓN"
O CONCELLO CONVOCA O
Está aberto a todos os veciños. O prazo de inscrición comeza hoxe e remata o día 15 de decembro
O Concello de Narón, dende a Concellería de Emprego, Novas Tecnoloxías e Protocolo, convoca o “I Concurso de beléns. Cidade de Narón”. O obxectivo principal é o de promover as manifestacións culturais de arraigo e tradición popular que terán lugar nas próximas festas do Nadal. Tradicións, que como apuntou a Concelleira de Protocolo, Paloma González, “dende o Partido Popular consideramos que non só non se deben perder, senón preservar e potenciar a súa riqueza cultural”.

No I” Concurso de Beléns” poderán participar todas as persoas pertencentes ó termo municipal de Narón, así como todos os seus colectivos, centros escolares, asociacións de veciños, entidades relixiosas, comercios, etc. Para facelo, deberán inscribirse no rexistro do Concello a partires de hoxe, día 18, e ata o día 15 de decembro, entregando o impreso que se lles facilitará no propio Consistorio ou que poderán descargar da páxina web www.naron.es.

Na creación dos beléns, valorarase o traballo manual realizado e a orixinalidade da montaxe, baseándose en criterios como os usos dos materiais, presentación artística, adecuada iluminación, paisaxe natural ou correcta imitación. Os beléns poderán ser de calquera tamaño e como mínimo deberán presentar tres escenas diferentes. Como o obxectivo é o de preservar a tradición, o Concello decidiu non mover os beléns do lugar onde foron creados, respectando o seu entorno, polo que será o propio xurado o que se desprace ás casas ou locais dos participantes para valorar a súa obra. Estas visitas, previamente concertadas con cada participante, produciranse do día 20 ó 23 de decembro. Trala deliberación do resultado, farase entrega dos galardóns nun acto público, cuxa data está aínda por determinar.

O concurso establece tres premios. O gañador do primeiro premio recibirá una cámara de fotos dixital de 12 mp. O segundo premiado unha Nintendo DS e o terceiro un decodificador de televisión terrestre dixital. Paloma González declarou afrontar con moita ilusión esta nova iniciativa, que espera teña una ampla resposta e sente bases en Narón para poder repetirse en anos sucesivos. Asemade, agradeceu a colaboración de Hipermercados Froiz, Cadena Cope Ferrol e do Centro de Promoción Social San José Obrero que participan activamente na organización do concurso.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal