Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO E ODEÓN CONMEMORAN O DÍA MUNDIAL DA AUGA CUN CIRCUÍTO DE EXPERIMENTOS DIRIXIDO A RAPACES E RAPAZAS
O CONCELLO E ODEÓN CONMEMORAN O DÍA MUNDIAL DA AUGA CUN CIRCUÍTO DE EXPERIMENTOS DIRIXIDO A RAPACES E RAPAZAS
A proposta, que presentaron a alcaldesa, Marián Ferreiro, o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, e a xerente de Odeón, Cristina Imaz, terá lugar mañá pola tarde nas instalacións de Odeón
Narón, 22 de marzo de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, presentaron esta mañá xunto coa xerente do Centro Comercial Odeón, Cristina Imaz, os actos cos que se conmemorará o Día mundial da Auga na cidade. Con motivo desta data organizouse un ano máis en Odeón unha xornada adicada aos rapaces e rapazas que se desenvolverá entre as 18.00 e as 20.00 horas. Para participar tan só será preciso dirixirse á plazoleta central na que terá lugar a actividade e facilitar uns datos para poder realizar as diferentes propostas, tal e como se indicou desde a organización.
Científicos de “Ciencia Divertida” encargaranse de organizar un completo circuíto de actividades dirixidas ao colectivo, todas elas vencelladas coa auga. “Os rapaces e rapazas terán a oportunidade de adquirir unha serie de coñecementos e, ao mesmo tempo, realizar experimentos científicos moi divertidos, adaptados ás súas idades e que espertarán a súa curiosidade pola ciencia”, avanzou Ferreiro. A alcaldesa da cidade e a xerente de Odeón convidaron aos rapaces e rapazas a participar nesta actividade, de balde e na que se lles entregará como agasallo unha botella reutilizable.
Cristina Imaz destacou tamén que ao tempo que se trata dunha actividade lúdica “estes experimentos axudan a concienciar sobre a importancia da auga no planeta e a tamén a importancia de que a coidemos”.
“¡Coidado! Non potable” é o título do primeiro experimento, relacionado coa química e no que se amosará a necesidade de potabilizar a auga e tamén de economizar o seu consumo. Así mesmo, haberá unha segunda proposta, de carácter físico, “¡Coidado! Desxeo”, na que se amosarán as consecuencias do quentamento global e a contaminación. Finalmente, os asistentes terán a oportunidade de comprobar en primeira persoa que o corpo humán é un “circuíto divertido”. Para iso axudaranse do xerador de electricidade estática Van de Graff para experimentar unha serie de reaccións que lles explicarán os científicos de “Ciencia Divertida”. Os rapaces e rapazas realizarán o circuíto de experimentos en grupos durante un tempo aproximado de vinte minutos.
Ferreiro destacou a importancia de “concienciar á poboación en xeral e, en particular con esta actividade aos nenos e nenas, sobre a necesidade de facer un uso responsable e racional da auga”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal