Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ASISTIR AO CONTACONTOS INFANTIL "PEPIÑA MARUXIÑA QUERE VOAR"
O Concello oferta a través do Servizo de Normalización Lingüística un total de trinta prazas para esta actividade, que terá lugar o 29 de marzo no Centro Cívico Social do Val
Narón, 25 de marzo de 2019. O Concello de Narón programa unha nova actividade enmarcada no programa Apego, de socialización de nenos e nenas en galego. A través da Concellería de Ensino, que dirixe a edil Mercedes Taibo, anunciouse a apertura do prazo, hoxe, para inscribirse na actividade Pepiña Maruxiña quere voar, que terá lugar o vindeiro venres, día 29, a partir das 18.00 horas no Centro Cívico Social do Val. A proposta enmárcase na programación impulsada desde o Servizo de Normalización Lingüística de Narón e as persoas interesadas deben anotarse escribindo ao correo: a.pita@naron.es, facilitando o nome da actividade, o nome e a idade do neno ou nena e o do pai, nai ou persoa que o acompañará, un enderezo electrónico e un teléfono de contacto. Pepiña Maruxiña quere voar é un espectáculo de Barafunda Animación, dirixido a nenas e nenos a partir de 3 anos e ás súas familias. O número de prazas está limitado a trinta menores e a duración do espectáculo é duns cincuenta minutos. Nesta ocasión trátase dun contacontos infantil que se basea na tradición oral e protagonizado por unha xoaniña, Pepiña Maruxiña. Emprenderá unha aventura polo xardín á procura dunhas ás e polo camiño irá coñecendo a varios animais que a axudarán a cumprir o seu desexo de voar. O conto baséase na tradición popular de cantarlles ás xoaniñas para protexelas e tamén para que emprendan o voo, para preguntarlles polo tempo, coñecer con quen vas casar, para que faga bo tempo e haxa boas colleitas… A concelleira de Ensino animou ás familias da cidade con nenas e nenos maiores de 3 anos a inscribirse nesta actividade, con entrada de balde.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal