Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
MÁIS DE 230 ESCOLARES DE PRIMARIA PARTICIPAN EN OBRADOIROS DE DECORACIÓN DE CASCOS
MÁIS DE 230 ESCOLARES DE PRIMARIA PARTICIPAN EN OBRADOIROS DE DECORACIÓN DE CASCOS
O concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, explicou que se programaron obradoiros nos catro centros nos que están operativos os Camiños Escolares Seguros, se ben se estudará a posibilidade de impartilos no resto de colexios da cidade
Narón, 25 de marzo de 2019. Un total de 234 alumnas e alumnos de primeiro e segundo curso de educación Primaria participarán este curso nos Obradoiros de decoración de cascos impartidos a través do equipo de Educación Viaria do Concello de Narón. Case corenta nenas e nenos do colexio de Piñeiros participaron xa nesta actividade, en dúas quendas de unha hora de duración cada unha delas que tiveron lugar nas propias aulas do centro. O concelleiro de Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo, explicou que “polo momento estase realizando nos catro centros escolares nos que xa funcionan os Camiños Escolares Seguros, se ben estamos estudando a posiblidade de impartir estes obradoiros no resto de colexios da cidade”.
A maiores do alumnado de primeiro e segundo de Primaria do colexio de Piñeiros esta actividade levarase a cabo no mes de xuño nos outros tres centros con Camiños Escolares Seguros. O día 5 do citado mes terá lugar no colexio da Solaina, con 123 alumnas e alumnos –de 9.10 a 11.10 e desde as 12.00 ata as 14.00 horas-; o día 12 no colexio Jorge Juan, con 33 menores –de 9.10 a 10.10 e de 10.10 a 11.10- e no Ponte de Xuvia será o día 19, con 39 nenas e nenos –tamén de 9.10 a 10.10 e de 10.10 a 11.10 horas-.
O obxectivo desta iniciativa, tal e como explicou Sánchez Fojo, é “incentivar entre os nenos e nenas o uso do casco cando van en bicicleta, en patinete ou en patíns, para protexelos ante posibles caídas”. O concelleiro naronés destacou a implicación dos menores nestes obradoiros “que espertaron un gran interese nas aulas, cunha proposta moi animada e para a que desde o Concello facilitamos o material decorativo e os nenos e nenas levan os seus propios cascos, que decoran coa axuda de Pedro Caneiro e Sonia López, axentes da Policía Local e integrantes do equipo de Educación Viaria do Concello”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2019 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal