Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ESPECTÁCULO "ANATOMÍA DUNHA SEREA" PECHA O FESTIVAL INTERNACIONAL DO MONÓLOGO TEATRAL SINGULAR
A cuarta edición do Festival Singular rematará o vindeiro venres, día 29, no Pazo da Cultura cun monólogo protagonizado pola actriz Iria Pinheiro
Narón, 27 de marzo de 2019. A compañía galega Chévere pechará o vindeiro venres, día 29, o Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular, que se iniciou na cidade o pasado 7 de marzo. Nesta ocasión, o público terá a oportunidade de ver o monólogo Anatomía dunha serea, a partir das 20.30 horas no Pazo da Cultura. As entradas dispoñibles poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura, a un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). A actriz Iria Pinheiro é a protagonista deste espectáculo, unha peza de teatro documental construída sobre a memoria e a experiencia persoal de Pinheiro como nai e vítima da violencia obstétrica. É unha obra autobiográfica e con carácter testemuñal. O Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular acolleu un total de sete espectáculos nesta cuarta edición, a maioría protagonizados por mulleres e cunha firme aposta pola creación galega. Esta iniciativa ten entre os seus obxectivos potenciar as propostas dramáticas unipersoais a través dos monólogos, combinando unhas liñas de traballo dirixidas a todo tipo de públicos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal