Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ESCOLARES DO COLEXIO SANTIAGO APÓSTOL VISITARON O CONCELLO E REUNIRONSE COA ALCALDESA NO SALÓN DE PLENOS
Marián Ferreiro respostou ás preguntas que formularon os nenos e nenas, que se interesaron polo seu traballo á fronte do Concello
Narón, 27 de marzo de 2019. Unha vintena de escolares de educación Infantil do CPR Santiago Apóstol visitaron onte o Concello. Os nenos e nenas realizaron un pequeno percorrido polo edificio para coñecer parte das dependencias municipais para, a continuación, visionar o vídeo Nara de Narón e, unha vez rematada a proxección, reunirse coa alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, no salón de plenos. Os menores interesáronse polo traballo que realiza Ferreiro á fronte do Concello e tamén por futuros proxectos para os nenos e nenas que se levarán a cabo na cidade, sobre os que a alcaldesa lles avanzou algunha proposta. Antes de dar por rematada a visita os escolares recibiron un agasallo en recordo da súa visita ao Consistorio.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal