Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO ORGANIZA O I FORO ECONÓMICO, QUE BUSCARÁ LIÑAS DE ACTUACIÓN PARA AS FAMILIAS E O COMERCIO MINORISTA ANTE A CRISE
O CONCELLO ORGANIZA O I FORO ECONÓMICO, QUE BUSCARÁ LIÑAS DE ACTUACIÓN PARA AS FAMILIAS E O COMERCIO MINORISTA ANTE A CRISE
A economía atravesa unha crise cuxa intensidade e duración é aínda indeterminada. A morosidade dos fogares subirá, segundo as previsións, dende o 1% actual hasta o 2% a finais de año, e seguirá crecendo en 2009 a un maior ritmo que no resto dos países da Unión Europea. Respecto á empresa, nestes últimos meses asistimos ó peche de empresas importantes e o recorte de persoal nunha gran maioría, pero todos sabemos que é precisamente o comercio minorista o que máis sufre en época de crise económica. O comercio familiar e as pequenas cadenas áchanse nunha situación preocupante. As vendas baixaron en xullo en España preto dun 5%. As causas deste descenso son para os representantes do sector, a diminución do gasto das familias e o parón do consumo ocasionado pola crise económica, e, de seguir así, podería producirse a desaparición do 30% dos pequenos e medianos comercios.

Neste preocupante panorama, a Concellería de Formación Laboral, Emprego e Novas tecnoloxías e a Concellería de Promoción económica, colaboran para organizar o “I Foro Económico” dirixido ás familias e o pequeno comercio, e que tratará de dar respostas ás preguntas xurdidas da situación actual, tales como que medidas pódense tomar para paliar os efectos da crise ou si é factible aproveitar esta etapa que estase vivindo para incrementar as expectativas de negocio. No Foro vanse dar cita dúas partes ben diferenciadas, por un lado as familias e por outro o pequeno comercio. A parte do comercio minorista é a que ocupará as catro xornadas neste mes de novembro, os días 19, 20, 27 e 28.

O Concello optou por facer un foro esencialmente participativo, e para conseguilo, organiza unha serie de mesas de debate, onde os asistentes poderán facer consultas e plantexar a súa problemática. Todas as mesas contarán con especialistas de recoñecido prestixio nas materias a debater, uns a través de súa experiencia como docentes e investigadores, e outros a través da experiencia que supón o seu traballo diario. No caso do comercio minorista, daranse a coñecer os distintos aspectos para unha mellor xestión das empresas, xa que as veces abonda con coñecer mellor as ferramentas das que xa dispoña o noso entorno para aumentar considerablemente as capacidades do noso negocio.

As mesas de traballo para o comercio serán catro, abarcando outras tantas temáticas: o coñecemento do sector, publicidade e calidade, financiamento e endebedamento, e asociacionismo. Todas vanse celebrar na sala de exposicións da Biblioteca Municipal do Alto, as 20 horas, para permitir a asistencia dos propios comerciantes, e a entrada ó Foro será libre.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal