Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
"APRENDE PEDALEANDO 2008-2010" CHEGARÁ A TODOS OS CENTROS ESCOLARES DE NARÓN
Narón será o primeiro concello de Galicia en contar cun Carro Itinerante de Educación Viaria
O Alcalde de Narón, Xoán Gato, e os directores dos dez centros de ensinanza infantil e primaria de Narón: CEIP A Solaina, CEIP Ayala, CEIP Virxe do Mar, CEIP A Gándara, CEIP Piñeiros, Colexio Santiago Apóstol, CEIP Secundaria Joge Juan, CEIP O Feal, CEIP Ponte de Xubia e o CRA (Centro Rural Agrupado), asinaron un convenio de colaboración para que o proxecto de educación viaria que leva a cabo a Policía Local do Concello chegue ós escolares de todos eses centros.

Xoán Gato declarouse “orgulloso deste convenio” que segue unha das formas máis sólidas de avanzar na sociedade, educando os que, nuns anos, serán os responsables da mesma. E asegurou que o Concello seguirá a traballar neste senso, agradecendo a resposta unánime dos colexios ó proxecto municipal, que agora poderá estenderse de A Solaina a todos os demais. Pola súa parte, o director do CEIP de A Solaina, Antón López, afirmou estar a ver xa os resultados das mesmas, non só nas nais e pais que se interesan en traer ós nenos ó colexio en bicicleta, senón tamén na mellora da disciplina e da conduta dos escolares despois do protocolo adquirido nas clases e charlas da policía. E declarou que o “obxectivo está cumprido”.

Por outra banda, o Concello de Narón será o primeiro de Galicia en contar cun carro itinerante de educación viaria. Así o anunciou a Policía Local esta mañá a todos os directores dos colexios. Trátase dun remolque homologado acondicionado interiormente para almacenaxe dun circuíto adaptable a cada un dos centros educativos, bicicletas e de todo o material necesario para as actividades, tales como semáforos, conos, alfombras de pasos de pións ou sinais de chan. O kit de educación viaria incluirá tamén 8 karts de condución suave, con rodas de competición e freo de pedal. A este material haberá que sumarlle todo o dispoñible ata o de agora, incluídos os pequenos coches adaptados a nenos discapacitados. A Policía Local tamén levará a cabo o pintado dun circuíto de educación viaria adaptado ó recinto de cada centro.


Xa dende hai varios anos se estaba a levar a cabo un traballo de educación viaria por parte da Policía Local de Narón. Debido o éxito acadado no proxecto piloto do CEIP da Solaina, o Concello decide agora exportar ese proxecto o resto dos centros de educación infantil e primaria de Narón, tratando de unificar os criterios en torno á educación viaria, baixo o programa chamado “Aprende pedaleando 2008-2010”. Serán aproximadamente 2.500 nenos e nenas os que participarán no programa, nun espectro de idade de 3 a 12 anos.

“Aprende pedaleando” márcase uns obxectivos moi claros. O mais importante é o de crear o hábito da mobilidade en bicicleta, para o que se usarán diversas estratexias. A primeira, a creación das “Rutas escolares en bicicleta”, con distintas visitas a puntos de referencia en Narón. A segunda, fomentar a creación de rutas seguras ata o colexio para lograr que os nenos asuman a bicicleta como modo de chegar á escola. E a terceira, elaborar e axudar a desenrolar unidades didácticas relacionadas coa educación viaria con contidos adaptados o contexto dos distintos centros educativos, así como levar a cabo charlas informativas en horario extraescolar polos distintos colexios, destinados aos pais/nais para intentar conciencialos da súa responsabilidade en relación coa educación viaria dos seus fillos/as.

Como detalle do programa, e que xa tivo unha moi boa acollida entre os escolares, a policía expedirá os carnés de educación viaria escolar con distintos deseños e que terán o sistema de puntos dos carnés oficiais. A Policía Local tamén está a barallar a posibilidade de realizar actividades fóra do colexio en datas concretas, tratando de xuntar os nenos e nenas de tódolos centros, e traballa xa na organización da 1ª semana da Educación viaria infantil do 15-19 de decembro, destinada a nenos de 3, 4, e 5 anos. Tamén pretende dar continuidade a I Marcha Ciclista Escolar do Concello de Narón con novas edicións.

O Concello xa firmou convenios de colaboración con diversas empresas como Coca Cola ( Begano S.A.) e Alcampo. E está levando a cabo negociacións con empresas de material deportivo para ofrecer descontos nas compras a todos os escolares do Concello de Narón, e con varias empresas mais para a colocación de aparcadoiros de bicicletas nos recintos dos colexios.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal