Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ESPECTÁCULO MUSICAL REMEMBER QUEEN E OS TEATRAIS MUNDO OBREIRO E FACENDO O INDIO PODERANSE VER ESTA FIN DE SEMANA NO PAZO DA CULTURA
As entradas para o espectáculo Remenber Queen esgotáronse hai varios meses, se ben aínda quedan algunas dispoñibles para as representacións teatrais do sábado e o domingo
Narón, 11 de abril de 2019. Un dos espectáculos máis esperados da tempada, Remember Queen, encherá o venres, día 12, o Pazo da Cultura. As entradas para ver esta homenaxe á banda británica e ao seu líder, Freddie Mercury, esgotáronse hai meses, co que o público ateigará as instalacións do Pazo para gozar cos grandes éxitos deste mítico grupo. A compañía Tertulia Producción é a encargada de traer á cidade este espectáculo –o ano pasado estivo con Dr. Queen- pero o show preséntase agora cunha renovada posta en escena, cun vestiario moi coidado e os mellores artistas en emular o traballo da banda británica, recordando o legado musical de Mercury. Desde a compañía aseguraron que entre os obxectivos deste espectáculo está o de xerar no público a sensación de estar vendo a Queen en vivo, polo que a posta en escena será similar á que o grupo utilizaba no ano 1986, cando tivo lugar a última xira de Queen con Freddie Mercury. O concerto comezará ás 21.00 horas e prolongarase aproximadamente ata as 22.30. Na xornada do sábado, día 13, será o turno do teatro, e máis concretamente da compañía Teatro del Barrio, que representará a obra Mundo obrero. Enmarcada no xénero político-musical, esta peza, escrita e dirixida por Alberto San Juan, que estará acompañado no escenario por Luis Bermejo, Marta Calvó e Pilar Gómez. A historia desenvóvese no Café La Tranquilidad, na Barcelona dos anos 20 do século pasado. Alí un mendigo pídelle unha moeda a un home, que lle da unha pistola e o anima a ir ao banco e coller o que precise. As loitas do campo e na cidade nos anos 30 do século pasado, o antifranquismo, o fin da ditadura, as mobilizacións sociais, e a chegada do mundo posindustrial e tecnolóxico percorreranse na trama desta obra a través dun formato de comedia musical. As entradas para ver Mundo obrero, que se representará a partir das 20.00 horas, teñen un prezo de 12 euros para o público xeral e de 8,40 para abonados, desempregados, e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). A programación desta fin de semana no Pazo da Cultura continuará o domingo, nesa ocasión cunha obra dirixida ao público familiar e infantil: Facendo o indio, da compañía Galitoon. Jonatan García e Rubén Mira forman o elenco desta peza de teatro xestual, escrita e dirixida por Chisco Casteleiro. As costumes ancestrais, a forma de vida dos indios americanos e os coñecementos adquiridos xeración tras xeración forman parte da temática desta obra, na que se repasa a cultura das tribos de indios americanos, e entre as que a dos coñecidos como “pesgrandes” loita por non extinguirse. O público gozará de divertidas situacións a través do humor xestual, donde os casos absurdos e a interacción serán unha constante. As entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral; de 6,65 para desempregados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e de 5,50 para menores de 14 anos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal