Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O RECINTO FEIRAL DO TRECE ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA A DÉCIMA EDICIÓN DA FEIRA MULTISECTORIAL AGRÍCOLA
A concelleira de Feiras, Mar Gómez, recordou que a entrada é de balde e que o recinto abrirá tanto o sábado como o domingo en horario de mañá e tarde
Narón, 12 de abril de 2019. A décima edición da Feira Multisectorial Agrícola organizada polo Concello celebrarase esta fin de semana no recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes. O recinto, que abrirá mañá as súas portas ás 11.00 horas, reunirá a medio cento de postos de venda de diferentes produtos da horta, ornamentais, artesáns e tamén expositores que amosarán as últimas novidades en maquinaria agrícola. A concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, animou ás veciñas e veciños a asistir, recordando que a entrada é de balde e que tanto mañá como o domingo se poderá visitar a feira entre as 11.00 e as 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. Os postos instalados nesta edición ofrecerán produtos de alimentación ecolóxicos, artesáns, antigüidades, xoguetes tradicionais, artículos de coiro, e tamén plantas ornamentais e da horta, entre outros. En canto á parte da maquinaria, tamén haberá unha exposición de tractores e outra maquinaria agrícola –motoserras, desbrozadoras…- que se poderán adquirir na feira e nalgúns casos tamén asistir ás demostracións en directo do traballo que se pode realizar con esta maquinaria. O apartado gastronómico estará cuberto cun posto de venda donde se poderá degustar polbo, churrasco, bolos preñados…, para que as persoas que o desexen poidan comer na zona exterior do recinto feiral. Un grupo musical amenizará a feira ao mediodía, durante a sesión vermú. E para os nenos e nenas tamén se programaron varias actividades, a modo de obradoiros, nos que estarán guiados por un equipo de monitores. Os menores poderán aprender a plantar algunhas especies nun xardín ecolóxico, realizar cadros utilizando flores naturais… e no caso de que desexen xogar tamén poderán elixir entre varias opcións, como o tres en raia, a oca… As persoas que acudan recibirán á entrada unha rifa coa que participarán nos sorteos que, tanto pola mañá como pola tarde, se celebrarán durante o sábado e o domingo. Os postos de venda que participan no evento cederán varios agasallos para sortear entre o público asistente.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal