Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A CONCELLERÍA DE IGUALDADE ORGANIZA MAÑÁ DÍA 26 O FORO DE CIDADÁS
A CONCELLERÍA DE IGUALDADE ORGANIZA MAÑÁ DÍA 26 O FORO DE CIDADÁS
Complétase coa exposición Femmes de Dulce Anca, aberta ao público na Biblioteca Municipal do Alto
A Concellería de Igualdade e Atención ás Persoas Maiores, no marco do I Plan de Igualdade para as Mulleres de Narón e co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, organiza o Foro de Cidadás mañá mércores, día 26. A finalidade deste Foro é a de ofertar un espazo de comunicación para as mulleres onde establecer redes de apoio mutuo, compartir experiencias e intercambiar opinións. Ademais, o Foro pretende servir de nexo entre as demandas das mulleres e o propio Concello, fomentando así a cidadanía activa das mesmas, pasando de ser obxecto das políticas públicas a ser o suxeito das mesmas, co exercicio dos seus dereitos.

A pintora Dulce Anca abrirá o Foro de Cidadás ás 17 horas, impartindo o obradoiro “Arteterapia contra a violencia de xénero”, onde se buscará que as mulleres poidan explorar, aclarar e reconstruír as relacións consigo mesmas e coas demais persoas mediante diferentes modalidades de expresión artística. O Foro completarase cunha visita guiada á exposición Femmes da mesma pintora, que permanece aberta dende o día na sala de exposicións da Biblioteca Municipal do Alto. As obras expostas baséanse na ecuación Femme=Vida=Natureza, e na creación, a sensación e a intuición. Unha fusión que está chea de enerxía e xera beleza, forza, convulsión. Femme metamorfosea o feminino e quere ó igual ca Natureza. Dulce Anca conta cunha extensa traxectoria pictórica e actualmente imparte obradoiros de debuxo e pintura da Casa da Xuventude en Ferrol.

Todas as actividades levaranse a cabo no soto da Biblioteca Municipal do Alto. Para aquelas mulleres que teñan ó seu cargo a persoas dependentes ou menores, ofertarase un servizo de atención que funcionará durante o tempo que dure o Foro. Deberán solicitalo no Concello no teléfono 981337700 extensión 326.

A Concelleira de Igualdade, María del Carmen Espada, anima ás mulleres naronesas a que participen no Foro, xa que son elas as que dotan de sentido á organización deste tipo de actividades. E agarda que as conclusións do encontro sexan altamente positivas e cheas de experiencias enriquecedoras.

O Foro de Cidadás completarase cunha segunda xornada de actividades no mes de decembro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal