Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA DOAZÓN DE SANGUE DESPRAZARASE ESTA SEMANA Á CIDADE
O vehículo localizarase o mércores durante todo o día xunto ao centro de saúde do Alto e o sábado pola mañá nas inmediacións da Praza da Constitución, na Solaina
Narón, 15 de abril de 2019. A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazará o vindeiro mércores, día 17, unha das súas unidades móbiles ás inmediacións do centro de saúde, no Alto do Castiñeiro. O vehículo estará operativo entre as 9.30 e as 14.30 e de 15.30 a 21.00 horas. Así mesmo, na xornada do sábado, día 20, a unidade móbil localizarase nas inmediacións da Praza da Constitución, na Solaina, donde se poderá doar sangue en horario de 10.00 a 15.00. As persoas que acudan a doar sangue deben almorzar e esperar dúas horas despois de xantar, levar a tarxeta de doador, DNI ou documento similar e informar ao médico da unidade no caso de que estén tomando medicación. As doazóns de sangue que se recollen nas unidades móbiles deste servizo que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e conservación, tal e como indicaron desde este organismo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal