Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO TRANSMITE AS CONDOLENCIAS Á FAMILIA DO EDIL OCTAVIO ALEJANDRO DOPICO PÉREZ E DECLARA DOUS DÍAS DE LOITO OFICIAL TRALO SEU PASAMENTO
O CONCELLO TRANSMITE AS CONDOLENCIAS Á FAMILIA DO EDIL OCTAVIO ALEJANDRO DOPICO PÉREZ E DECLARA DOUS DÍAS DE LOITO OFICIAL TRALO SEU PASAMENTO
A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, agradeceu o labor de Dopico e destacou a súa valía persoal e profesional, ao igual que fixo a portavoz do grupo municipal socialista, Catalina García
Narón, 16 de abril de 2019. A corporación local de Narón reuniuse esta mañá, ás 11.15 horas, nun pleno extraordinario no que transmitiu as súas condolencias á familia do edil Octavio Alejandro Dopico Pérez, que faleceu o pasado domingo e será enterrado esta tarde no cemiterio municipal de Catabois. Así mesmo, acordouse declarar hoxe e mañá xornadas de loito oficial, suspendendo todos os actos oficiais previstos polo Concello e ondeando a media asta as bandeiras de tódolos edificios municipais.
A portavoz do grupo municipal do PSOE, Catalina García, agradeceu no seu nome e no da familia de Dopico as mostras de agarimo recibidas nas últimas horas. “Amable, sempre correcto no trato, e que me ensinou a non perder nin un minuto no que non é importante e tamén que o tempo pon a cadaquén no seu sitio sen necesidade de malgastar enerxías que precisamos para desenvolver o noso traballo”. “Só podo decir grazas con maiúsculas, grazas a toda a corporación de Narón, a todo o persoal deste Concello e a todas aquelas persoas que están a amosar o seu respecto e recoñecemento hacia esta gran persoa, compañeiro e, sobre todo, amigo con maiúsculas, Octavio Alejandro Dopico Pérez”, do que García, amiga e compañeira de filas socialistas se despediu cun “ata sempre”.
A continuación tomou a palabra a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, que amosou tamén o seu recoñecemento a Octavio, “pola excelente persoa que era e o seu bo facer no grupo de goberno”. A rexedora local asegurou que, “como ben dicía Catalina era unha persoa coa que sempre se podía chegar a acordos e coa que sempre intentábamos, por dicilo así, deixar a un lado as nosas siglas en beneficio do pobo de Narón”.
Ferreiro recalcou o seu “recoñecemento pola súa labor realizada durante estes catro anos no Concello de Narón, donde presidiu as concellerías de Medio Ambiente e Sanidade, e polo boa persoa que era e o trato directo que puidemos ter con el, unha persoa amable e educada”, para rematar a súa intervención transmitindo “as nosas condolencias tamén á súa familia, amigos e á súa familia do grupo socialista”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal