Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO E A AGA CONVOCAN DOUS CURSOS SOBRE APICULTURA
O CONCELLO E A AGA CONVOCAN DOUS CURSOS SOBRE APICULTURA
Unha das sesións impartirase dende o 27 deste mes e outra nunha data aínda por concretar, se ben está aberto o prazo de inscrición para ambas
Narón, 23 de abril de 2019. A delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura (AGA) organiza un curso de Reprodución e selección do colmear, que será de 16 horas e se iniciará o vindeiro sábado, día 27, no local social de Sedes e no colmear didáctico de Narón, ubicado na citada parroquia. Persoal técnico de AGA encargarase de impartilo, en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00. As persoas interesadas poden anotarse no correo electrónico: dagaferrol@hotmail.com e deberán aboar unha cota de 20 euros os socios de AGA e veciñas e veciños empadroados en Narón e 50 euros o resto de asistentes.
Entre os obxectivos do curso están, tal e como indicaron dende AGA, conquerir os coñecementos básicos teórico-prácticos sobre a cría e selección das raíñas para mellorar a xenética das abellas e dominar as técnicas básicas de reprodución do colmear.
O curso enmárcase no programa de actividades que a delegación en Ferrolterra de AGA organiza no marco dun convenio asinado co Concello naronés, así como outras actividades que se levarán a cabo nas vindeiras semanas. Entre elas están tamén un Curso básico de iniciación, teórico e práctico, de 16 horas de duración e que se impartirá tamén no local social de Sedes e con prácticas no colmear de Narón, precisándose para convocalo un mínimo de quince persoas. Este curso é de balde para as veciñas e veciños de Narón e as persoas asociadas a AGA e ten un custe de 50 euros para o resto, según indicaron desde a entidade. A convocatoria, para a que se fixará a data no momento de reunir ao mínimo de inscritos, ten como obxectivo formar aos novos pastores de abellas para que poidan atender, ao rematar a formación, un colmear particular. Para anotarse deben dirixirse ao correo electrónico: dagaferrol@hotmail.com.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal