Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
INICIADAS AS OBRAS DE MELLORA DE EFICIENCIA ENERXÉTICA EN VARIAS RÚAS E PRAZAS DA PARROQUIA DE XUVIA
INICIADAS AS OBRAS DE MELLORA DE EFICIENCIA ENERXÉTICA EN VARIAS RÚAS E PRAZAS DA PARROQUIA DE XUVIA
Un equipo de operarios comezou esta mañá as tarefas con cargo ás que se substituirán un total de 170 luminarias de viais e prazas de Xuvia
Narón, 23 de abril de 2019. O Concello iniciou esta mañá en Xuvia os traballos correspondentes ao proxecto de mellora de eficiencia enerxética nesta parroquia da cidade. A actuación, orzamentada nuns 131.000 euros, permitirá substituír un total de 170 luminarias na zona, dotándoas de tecnoloxía led para reducir o consumo na factura eléctrica, a contaminación atmosférica e, ao tempo, mellorar considerablemente a iluminación en Xuvia. Os traballos cofinánciaos a Deputación da Coruña, a través do Plan Complementario da citada administración.
A primeira hora da mañá os operarios que realizan as tarefas desprazábanse á zona da rúa Pereiro, á altura da empresa Megasa, donde comezaron a substituír as luminarias instaladas no citado vial. Na zona na que se executaba a actuación cortouse temporalmente o tráfico rodado, para así facilitar o desenvolvemento dos traballos, se ben se restableceu con total normalidade unha vez que finalizaron ese tramo.
Na parroquia de Xuvia substituiranse as luminarias das rúas: Bailén, transversal de Megasa, Manuel de Cal, Cáceres, paralela a FEVE, río Baxoi, praza da estrada de Castela, Río do Porto, Río Inxerto e Río Pereiro, Camiño da Revolta, Somozas, Foro, Marcial Calvo, Praza do Concello, Xoán XXIII, Irmandade, Doutor Fleming, Paseo, Colexio (paseo da Ribeira), Praza de San Roque, Xoán de Cangas e camiño peonil desta vía, Garda Civil, Telleiras, Curros Enríquez, Río Forcadas, Irmáns Freire, acceso a FEVE e Altea.
Nos barrios do Alto do Castiñeiro e Freixeiro tamén se orzamentaron traballos que en conxunto suporán un investimento de preto de 320.000 euros.
Na zona do Alto proxéctase, tal e como xa se anunciou desde o Concello, a renovación de materiais e dotarase de alumeado ao parque infantil localizado ao final da rúa Italia, mentres que en Freixeiro se procederá tamén a renovar o actual sistema de alumeado por outro con tecnoloxía led.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal