Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ÚLTIMAS PRAZAS PARA OS CURSOS DE PREPARACIÓN DE COMPETENCIAS CLAVE NIVEL 2 E A XORNADA FORMATIVA DE COMERCIO E LOXÍSTICA
ÚLTIMAS PRAZAS PARA OS CURSOS DE PREPARACIÓN DE COMPETENCIAS CLAVE NIVEL 2 E A XORNADA FORMATIVA DE COMERCIO E LOXÍSTICA
Estas accións formativas desenvolveranse no mes de maio e as persoas interesadas en inscribirse, se cumpren os requisitos que se solicitan, poden facelo no Concello
Narón, 24 de abril de 2019. As persoas desempregadas, empadroadas en Narón e maiores de 18 anos dispoñen aínda dalgunhas vacantes nas dúas accións formativas convocadas desde o Concello –a través do Programa Municipal de Formación- sobre Preparación de Competencias Clave nivel 2 (Matemáticas, Lingua castelá e galega). Os cursos desenvolveranse o vindeiro mes de maio (do día 6 ao 24, de luns a venres entre as 9.15 e as 13.45 horas) nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. Cada unha destas accións formativas terá unha duración de sesenta horas.
As persoas interesadas en anotarse dispoñen de prazo ata o 30 de abril, podendo facelo a través da Sede Electrónica do Concello, no Rexistro municipal (de 8.30 a 13.30 horas) ou a través dos restantes medios contemplados no artigo 4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Desde o Concello recordouse que no proceso selectivo do alumnado terán prioridade as persoas que figuren inscritas nas probas de avaliación en Competencias Clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación convocadas pola Xunta de Galicia (baixo a resolución do 25 de febreiro de 2019-DOG do 4 de marzo de 2019). Nese caso, os interesados deberán presentar xunto coa instancia das novas accións formativas unha fotocopia da solicitude rexistrada nas probas de Competencias Clave de nivel 2 da citada convocatoria autonómica.
Así mesmo, tamén quedan algunhas vacantes para a xornada formativa que sobre Comercio e Loxística convoca a Deputación da Coruña a través do proxecto Estratexia de Inserción Xove (EIXO). Este curso diríxese a rapazas e rapaces menores de 30 anos e inscritas/os no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Esta xornada impartirase o vindeiro mes de maio na Barcala-Cambre e no polígono industrial de Ledoño (Culleredo) e terá unha duración de 170 horas teóricas e 40 prácticas, correspondentes á formación propia do certificado de profesionalidade de Actividades Auxiliares de Almacén, a obtención do carné C e o CAP, así como formación transversal e complementaria. As persoas interesadas en recibir máis información ou inscribirse –hai un máximo de quince prazas- poden facelo no entrechán do Concello, na oficina da técnica de emprego, ata o vindeiro 30 de abril (de 8.30 a 13.30 horas).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal