Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A CONCELLERÍA DE MOCIDADE ORGANIZA UNHA "KEDADA DE GRAFFITI"
A CONCELLERÍA DE MOCIDADE ORGANIZA UNHA
O túnel da Gándara, rúa Obispo Argaya, é o espazo urbano elixido para a decoración pictórica que terá lugar os días 28 e 29
A Concellería de Mocidade organiza os vindeiros días 28 e 29 de novembro, unha kedada de graffiti no túnel da Gándara (rúa Obispo Argaya). Segundo aclarou a Concelleira de Mocidade, Natalia Hermida, baixo a denominación de kedada “referímonos a unha serie de encontros interasociativos ou de grupos específicos de mozos e mozas para realizar nun espazo común diversas actividades de ocupación creativa”; neste caso, a decoración de espazos urbanos utilizando unha técnica nova a moi solicitada polo público xuvenil, o graffiti.

O programa estimado, que dependerá da humidade do ambiente e da rapidez de secado da pintura, é o seguinte: o venres 28, dende as 12 horas procederase ó branquexado dun dos laterais do túnel e o esbozo de debuxos, e o sábado 29 desde as 11 horas e ata aproximadamente as 20 terá lugar a exhibición de graffitis e a pintada do túnel. Na actividade participarán 12 graffiteiros de Narón e doutros concellos próximos. Os motivos dos murais serán do máis diverso, predominando os urbanos, e dentro destes os coches, aínda que tamén haberá opción a temáticas de paisaxes e formas abstractas. Moitos dos mozos participantes posúen formación pictórica en outras especialidades a maiores do graffiti, e estudos en Belas Artes. O público en xeral tamén terá a opción de participar xa que se habilitará un espazo de paneis para que poidan pintar todos os que teñan curiosidade por iniciarse nesta técnica pictórica, asesorados polos artistas do graffiti.

Natalia Hermida enumerou como obxectivos desta kedada promover o intercambio de ideas e actividades entre a xuventude, fomentar a interrelación entre mozos e mozas das diversas parroquias do Concello, dar a coñecer esta técnica pictórica ó publico en xeral e facilitar que a xuventude poida transversalizar con outras xeracións as súas sensibilidades e tendencias.

A Edila anunciou que a súa Concellería cederá no futuro máis espazos urbanos para graffitis, xa que vén sendo unha reivindicación continua destes artistas. Ademais de proceder a pintar o outro lateral do túnel, coa chegada do bo tempo o Concello poderá ofrecer espazos abertos para continuar con esta actividade tan popular entre a mocidade.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal