Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A XUNTA INCLUÍU NO PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO AS ALEGACIÓNS PRESENTADAS DESDE O CONCELLO
Atendendo ás demandas de Anpas e entidades veciñais que se trasladaron desde o Consistorio modificáronse frecuencias horarias e estableceuse unha parada nos institutos
Narón, 25 de abril de 2019. A administración autonómica incluíu no novo plan de Transporte Metropolitano as alegacións que o pasado mes de febreiro se presentaron á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta desde o Concello de Narón, tralas xuntanzas mantidas con representantes de entidades veciñais e Anpas da cidade. As peticións ían na liña de mellorar o servizo que prestan as rutas aos estudantes dos dous institutos da cidade –As Telleiras e Terra de Trasancos- procedentes de Cedeira, Valdoviño, San Mateo, O Val, Castro, Sedes, San Xiao e da zona urbana de Narón, que agora terán unha parada nos citados centros educativos, con rutas adaptadas aos horarios de entrada e saída dos rapaces e rapazas nos institutos. As alegacións presentadas desde a administración local incluíron as aportacións realizadas desde as asociacións veciñais Os Cruceiros, de Castro; Os Irmandiños, do Val; a Agrupación Veciñal de San Mateo e as Anpas Castelao, do IES das Telleiras, e Pérez Alberti, do IES Terra de Trasancos, completándose desde o Concello coas necesidades da parroquia de Sedes nesta mesma liña. A documentación acompañouse dun informe redactado desde a Policía Local da cidade no que se incidía na necesidade de acometer as melloras que se plantexaban para ofrecer un servizo de transporte en condicións ao alumnado dos dous institutos de Narón. Co fin de atender as demandas do colectivo, adaptáronse tanto as paradas como as rutas a realizar os autobuses, en canto ás frecuencias, que tamén se incrementaron en base á solicitude realizada. Desde o Concello de Narón valorouse o feito de que finalmente as peticións formuladas polas entidades veciñais e Anpas, canalizadas a través do Concello, foran atendidas. Coa súa inclusión no novo Plan de Transporte metropolitano “o alumnado dos institutos de Narón disporá dun servizo en condicións e que atenderá as súas necesidades á hora de desprazarse desde as súas casas aos centros educativos e viceversa, unha opción da que carecían ata o momento”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal