Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS XORNADAS CULTURAIS "DO CAMIÑO VIVIDO´19" CHEGARÁN ESTA SEMANA Á CIDADE
A praza da Gándara acollerá o 3 de maio a representación da obra Velliñas, no marco desta iniciativa sobre o Camiño Inglés impulsada a través da Deputación da Coruña
Narón, 29 de abril de 2019. As xornadas culturais Do Camiño Vivido´19, sobre creación artística ao redor do Camiño Inglés, chegarán o vindeiro venres, 3 de maio, á cidade. A Praza da Gándara foi o lugar elixido para a representación da obra Velliñas, da compañía Inherente Teatro, que se poderá ver a partir das 18.00 horas. A Deputación da Coruña e o Concello de Narón organizan esta convocatoria, aberta á cidadanía en xeral. As actrices Noelia Blanco, Noa Covelo e Pía Nicoletti protagonizan esta obra teatral, duns corenta minutos de duración. As tres mulleres póñense na pel de Rosa, Carmiña e Josefina, que cada tarde que non chove fan compaña ás pombas da Praza ata que un día toman unha decisión que cambiará as súas vidas. Estas tres actrices, tituladas pola ESAD de Galicia, fundaron no ano 2016 a compañía Inherente Teatro. Desde o Concello convidan á cidadanía a asistir a esta convocatoria, na que participa Narón, a través da administración provincial, xunto con outros catro municipios do percorrido orixinal do Camiño Inglés: Ordes, Culleredo, Betanzos e Oroso.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es