Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
UNHAS NOVECENTAS ALUMNAS E ALUMNOS DE CENTROS PÚBLICOS DA CIDADE PRESENTAN HOXE E MAÑÁ NO PAZO TRABALLOS DO "XXX CERTAME INTERCENTROS"
UNHAS NOVECENTAS ALUMNAS E ALUMNOS DE CENTROS PÚBLICOS DA CIDADE PRESENTAN HOXE E MAÑÁ NO PAZO TRABALLOS DO
O fallo do certame e a entrega de premios faranse públicos nun acto programado para o vindeiro 16 de maio no Pazo, tal e como anunciou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo
Narón, 29 de abril de 2019. Alumnado de centros educativos da cidade presenta hoxe e mañá no Pazo da Cultura os traballos realizados para a trixésima edición do Certame Intercentros, que este ano coordina o colexio de Piñeiros, en colaboración co Concello. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, desprazouse esta mañá ao Pazo para ver o resultado de parte destes traballos, destacando a importancia deste certame en canto ao que supón para “a dinamización a nivel participativo das alumnas e alumnos dos colexios públicos de Narón, de diferentes idades, co gallo do Día das Letras Galegas”.
Preto de trescentas alumnas e alumnos participaron na convocatoria desta mañá, que deu comezo ás 10.00 horas. Hoxe foi o turno do IES Terra de Trasancos e dos colexios da Gándara, Piñeiros, Ponte de Xuvia, O Feal, Virxe do Mar e a escola do Val, do CRA de Narón –de terceiro a sexto de Primaria e de segundo e cuarto curso da ESO-. As modalidades presentadas nesta xornada foron as de Teatro, Expresión oral e Canción.
A programación continuará mañá, coa participación de preto de seiscentas alumnas e alumnos de educación Infantil do CRA, e dos colexios de Piñeiros, Ponte de Xuvia, A Solaina, O Feal, Virxe do Mar, e da aula de educación Infantil de Freixeiro –nenas e nenos de cuarto, quinto e sexto de Infantil e tamén de primeiro e segundo curso de Primaria-. En canto ás modalidades, representaranse os traballos correspondentes a Canción, Dramatización, Teatro, Recitado e Expresión Oral.
O alumnado comezou a traballar neste certame, nas súas respectivas aulas, o pasado mes de febreiro e a maiores dos correspondentes ás categorías de Expresión oral, xa se entregaron os Murais, Contos ilustrados ou Cómics, Poesía, Narrativa, Teatro escrito, Audiovisual, Reportaxe Xornalística e Canción en galego, ademais do cartel anunciador deste certame, que corresponde ao alumnado do colexio de Piñeiros, como centro educativo organizador desta edición do Certame Intercentros. Parte dos traballos exporanse na entrada do Pazo da Cultura e o fallo dos diferentes premios -valorados en conxunto en 8.000 euros- darase a coñecer o vindeiro 16 de maio no Pazo da Cultura, donde se procederá á entrega dos mesmos, tal e como avanzou Taibo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal