Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA CONCILIAESCOLA VERÁN
A concelleira de Promoción Social, Teresa Sabio, recordou que se trata dun programa municipal dirixido a nenos e nenas empadroados en Narón e que se desenvolverá nos meses de xuño e xullo
Narón, 6 de maio de 2018. O Concello de Narón abriu esta mañá o prazo para inscribirse no programa municipal ConciliaEscola Verán, dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos empadroados en Narón e nos casos nos que traballen os dous membros parentais. A concelleira de Promoción Social, Teresa Sabio, avanzou que o programa se desenvolverá en cinco quendas, cun máximo de vinte prazas cada unha delas, entre os meses de xuño e xullo, nas instalacións da Escola de Domirón (CRA de Narón). As persoas interesadas en anotarse poderán facelo ata o vindeiro 16 de maio, debendo entregar a solicitude dispoñible no Rexistro do Concello, a donde poden dirixirse en horario de 8.30 a 13.30. A primeira quenda desenvoverase do 25 ao 28 de xuño e as seguintes, do 1 ao 5 de xullo; do 8 ao 12 de xullo; do 15 ao 19 de xullo e do 22 ao 29 de xullo. Os horarios que se habilitaron para os participantes ofrecen dúas posibilidades, acudir en horario de 07.30 a 14.00 horas (con servizo de transporte só de volta) ou dende as 09.00 ata as 14.00 (transporte de ida e volta). Este servizo ofrecerase no caso de que existan un mínimo de dez solicitudes por quenda. As paradas previstas establecéronse na Casa da Mocidade (A Gándara); nas inmediacións do Concello (Alto do Castiñeiro); no Centro Cívico Social de San Mateo; no polideportivo Campo da Serra (A Solaina); xunto á Cooperativa do Val; no Centro Cívico Social de Piñeiros; xunto ao Pazo Libunca (San Xiao); fronte á Praza do colexio de Xuvia; no Paraxe (Castro); nas inmediacións da igrexa de Pedroso; no Centro Cívico de Sedes e xunto á igrexa de Doso. O prezo para cada unha das quendas é de 8,15 euros por participante, tal e como aparece recollido na pertinente ordenanza municipal (nº 15). A adxudicación das prazas realizarase por rigorosa orde de inscripción, tal e como recordou Sabio, que animou ás veciñas e veciños da cidade que poidan acollerse a esta iniciativa a anotarse. “Este programa municipal permitirá un ano máis a familias de Narón conciliar a súa vida laboral e familiar durante parte das vacacións estivais dos seus fillos e fillas, obxectivo desta iniciativa, que ademais aposta pola convivencia entre os participantes e por ofrecerlles unha gran variedade de actividades dirixidas ás súas idades”, asegurou a concelleira de Promoción Social. As persoas interesadas en obter máis información sobre o programa ConciliaEscola Verán poden consultar a páxina web municipal (http://www.naron.es/web/docs/Anexo-ConciliaescolaVeran19.pdf) ou chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións: 1113 ou 1115).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal