Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PUBLICADAS AS LISTAXES PROVISIONAIS DE NOVA ADMISIÓN DE NENAS E NENOS NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
As familias dispoñen de prazo, tal e como indicou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, ata o 13 de maio para efectuar reclamacións no caso de consideralo oportuno
Narón, 6 de maio de 2019. Os pais e nais que solicitaron por primeira vez a admisión dos seus fillos, de 0 a 3 anos, nalgunha das tres escolas infantís municipais -A Solaina, A Gándara e Piñeiros- para o curso 2019/2020 poden consultar os listados provisionais a través da páxina web do Concello (http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/escuelas_infantis/), nas propias escolas infantís e tamén no Concello, a través do Rexistro Municipal (na entrada) ou do Servizo Sociocomunitario (no primeiro andar). O prazo para presentar posibles reclamacións a este listado provisional rematará o vindeiro 13 de maio, tal e como recordou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo. Para o curso 2019/2020 rexistráronse un total de 150 solicitudes de praza nas tres escolas infantís municipais. Do total, 19 solicitudes son para nenos e nenas nados en 2019 (de 0 a 1 anos), que obtiveron todos praza; no caso dos nados en 2018 (1 a 2 anos) contabilizáronse 77 novas solicitudes, para xornada escolar, completa ou media e obtiveron praza 33, quedando en lista de espera 44 menores e, por último, para os nados en 2017 (2 a 3 anos) realizáronse 54 peticións de novas prazas, admitíndose 44 e quedando en espera 10 persoas (neste caso as demandas foron para xornada escolar, completa, media e partida). A concelleira de Ensino explicou que unha vez rematado o prazo de exposición pública, para realizar alegacións no caso de consideralo oportuno, procederase a elaborar as listaxes definitivas para, posteriormente, formalizar as matrículas do vindeiro curso. É precisamente nese momento cando poden liberarse algunhas prazas, ao darse casos, tal e como indicou Taibo, de familias que solicitan escolas infantís noutros municipios, e que poden causar baixas nos listados do municipio. As escolas infantís municipais abren as súas portas en horario de 7.30 a 20.00, rexistrándose para o vindeiro curso unha demanda considerablemente superior no caso da xornada completa para os menores de 1 a 2 e de 2 a 3 anos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal