Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PROGRAMA "NARÓN É CULTURA" CONTEMPLA UNHA DECENA DE PROPOSTAS ORGANIZADAS DENDE O PADROADO DA CULTURA E DIRIXIDAS A TODOS OS PÚBLICOS
O PROGRAMA
A alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, e a concelleira de Cultura, María del Carmen Espada, presentaron o programa, con propostas de balde que se desenvolverán nos barrios e parroquias da cidade
Narón, 7 de maio de 2019. A alcaldesa de Narón e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, e a concelleira de Cultura, María del Carmen Espada, presentaron esta mañá o programa Narón é Cultura, que recolle nove propostas culturais a desenvolver na cidade entre os meses de maio e agosto. Trátase de propostas, tal e como explicou Ferreiro, “impulsadas a través do Padroado da Cultura e que levarán programación para todos os públicos aos barrios e parroquias da cidade, descentralizando parte da actividade que se convoca ao longo do ano dende o Padroado”.
A primeira das propostas é a Festa do Xogo, unha actividade lúdica que se convoca na cidade de xeito anual dende 2016 co obxectivo, entre outros, de fomentar os xogos tradicionais entre os rapaces e rapazas, con obradoiros de chapas, enredos, actividades expositivas (cociñado solar, compostaxe e reciclaxe), lúdicas (malabares, diábolo, a chave, o brilé, tiro de corda) e outros, como carreiras de saco, pesca de botellas, crebacacholas, puzles, futbolín… Esta Festa do Xogo celebrarase este domingo día 12 no entorno da Praza da Gándara; o 19 deste mes fronte ao local social da Solaina; o 9 de xuño no paseo marítimo de Xuvia e o 16 de xuño no parque do río Freixeiro. O horario será en tódolos casos de 11.00 a 14.00.
A segunda cita será co programa N de Narón, a festa das Letras, coincidindo o 17 de maio co Día das Letras Galegas, adicado este ano ao escritor galego Antonio Fraguas. A praza da Lectura, xunto ás vivendas da Mariña de Santa Icía, acollerá pola mañá, ás 12.00 horas, un espectáculo de maxia de Martín Camiña, “Antonio… Fraguas unhas ilusións con nós?”. Ao mediodía, ás 13.00 horas haberá un espectáculo para público familiar a cargo de Fantoches Baj: “Os romeiros do caracol”, baseado no estudo sobre as romarías de Antón Fraguas. Xa pola tarde, actuará ás 17.00 o clown Nono, da compañía Pistacatro e ás 18.30 será o concerto de María Fumaça. Durante todo o día, de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 haberá outras propostas, como Garabato de xogo, o espazo Percubebé, A Alfombra Máxica e un espazo de xogo libre.
No mes de xuño o día 22 será a tradicional Recreación das Lendas da Pena Molexa, coorganizada en colaboración coa Asociación Os Irmandiños, do Val, e que se celebra no lugar de Vilasuso, e tamén se retomará o programa Verde que te quero verde, cunha terceira edición con espectáculos de ocio e culturais para todos os públicos durante catro domingos consecutivos, do 30 de xuño ao 21 de xullo (na praza Irmáns Freire e nas rúas 25 de Xullo, Francisco Pizarro e Mariña española).
O entorno do centro cívico social de San Xiao tamén acollerá actividades do Padroado da Cultura, concretamente un concerto de Luar na Lubre e Encrucillada que será o día 29 de xuño. O mes de xuño completarase con sesións de Cine de Verán na Solaina, A Gándara, Xuvia, San Xiao, Pedroso, San Mateo, O Val e O Alto (entre o 26 de xuño e o 18 de xullo) e tamén co tradicional Oenach Atlántico de Sedes, os días 26, 27 e 28 de xullo no recinto da Feira do Trece, na parroquia de Sedes, en colaboración coa AVV Rosa dos Ventos, da citada parroquia.
Finalmente, do 2 ao 4 de agosto o entorno do muíño de Pedroso acollerá unha novidosa proposta na cidade, o Gulliver Fest, un festival de cultura viaxeira con actividades para todos os públicos (xogos, concertos, conferencias…) e donde se habilitarán espazos para autocaravanas e furgonetas e tamén de acampada libre.
Ferreiro animou á veciñanza da cidade e doutros concellos a asistir a estas actividades e espectáculos, todos eles de balde e que permitirán a nenos e maiores gozar de diferentes propostas culturais en varias ubicacións da cidade, sempre ao aire libre.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal