Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PAZO ACOLLE A CUARTA EDICIÓN DA XORNADA DE TÉCNICOS EN COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMARÍA E TÉCNICOS EN EMERXENCIAS SANITARIAS
O PAZO ACOLLE A CUARTA EDICIÓN DA XORNADA DE TÉCNICOS EN COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMARÍA E TÉCNICOS EN EMERXENCIAS SANITARIAS
Profesionais do sector sanitario e educativo participan na convocatoria, a cuxa inauguración acudiu a concelleira de Formación e Mocidade, Natalia Hermida
Narón, 7 de maio de 2019. A concelleira de Formación e Mocidade, Natalia Hermida, asistiu esta mañá á cuarta edición da Xornada de Técnicos en Coidados auxiliares de Enfermería e Técnicos en Emerxencias Sanitarias que, organizadas polo IES Leixa se celebraron no Pazo da Cultura. A edil naronesa desculpou a ausencia no acto inaugural da alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e agradeceu no seu nome ao comité organizador da xornada e á súa presidenta, Ana Roel, o convite ao acto. Formaron tamén parte do comité organizador docentes do IES Leixa, do CIFP Ánxel Casal, e do CIFP Politécnico de Lugo.
Hermida asegurou que “para nós é unha satisfacción enorme ver como este espazo cultural que é un referente a nivel galego e estatal serve para acoller tamén moitas outras xornadas que redundan en beneficio da comunidade, como é este caso”. A edil naronesa desexou aos asistentes que desfrutasen da convocatoria, que fose de proveito e subliñou que dende o Concello “estamos encantados de poder colaborar con vós”.
Na mesa inaugural Hermida estivo acompañada pola directora do IES Leixa, Ana Roel; o xerente da Área Sanitaria de Ferrol, Ángel Facio, e o director xeral de Educación, Manuel Corredoira.
Roel trasladou aos asistentes a gratitude do IES Leixa pola acollida, citando expresamente a colaboración, entre outras, do Concello de Narón e do persoal do Padroado da Cultura de Narón. “Esta edición contamos coa implicación de máis centros educativos”, destacou, desexando unha feliz xornada a tódolos asistentes, unhas duascentas persoas.
Nas diferentes ponencias e mesas de comunicacións libres, que se sucederon pola mañá a partir das 10.00 e pola tarde dende as 15.30 horas, profesionais sanitarios informaron aos asistentes sobre diferentes áreas do sector sanitario. Humanización na comunicación de situacións graves en casos de urxencia e emerxencia; urxencias na atención extrahospitalaria; servizo de urxencias, servizo de trasplantes e a ética nos medios de comunicación foron algúns dos temas incluídos no programa desta xornada.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal