Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE DESPRAZARASE DOUS DÍAS DESTA SEMANA Á CIDADE
O vehículo localizarase mañá martes nas inmediacións da Praza da Constitución, na Solaina, e o mércores día 15 xunto ao centro de saúde
Narón, 13 de maio de 2019. Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará mañá martes, no barrio da Solaina, nas inmediacións da Praza da Constitución. Ata alí poderán achegarse todas as persoas que queiran colaborar na campaña de doazón entre as 9.30 e as 14.30 e de 15.30 a 21.00 horas. Na xornada do mércores, día 15, a unidade ubicarase nas inmediacións do Centro de saúde, no Alto do Castiñeiro, tamén en horario de mañá e tarde, de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas. As persoas que vaian a doar sangue teñen que almorzar previamente e deben esperar dúas horas tralo xantar para poder realizar a doazón, tal e como se recordou dende ADOS. É preciso ademais que presenten ao persoal sanitario a tarxeta de doador, o DNI ou un documento similar e que no caso de que estean tomando algunha medicación o comuniquen ao persoal da unidade móbil.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal