Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A XEFA DE SERVIZO DE ARQUIVOS DA XUNTA VISITA O ARQUIVO MUNICIPAL
Marina García revisou o novo sistema de compactación, subvencionado nun 50% polo goberno autonómico
A Concelleira de Novas Tecnoloxías, Paloma González, acompañada polo responsable do Arquivo Municipal, recibiron a xefa de servizo de Arquivos da Consellería de Cultura, Marina García Pita, nunha visita motivada polo fin das obras de compactación do arquivo municipal, subvencionadas nun 50% pola Xunta de Galicia e noutro 50% polo propio Concello. Marina García revisou as melloras acometidas, mostrándose satisfeita co resultado. A actuación consistiu na instalación dun sistema de armarios móbiles a través de raíl, que permitirá contar con 1.500 metros lineais de baldas por cada 100 metros cadrados, solucionando de xeito instantáneo o problema de espazo do arquivo municipal, e garantindo o crecemento do mesmo durante os vindeiros anos. Esta actuación se completará no futuro coa colocación dun novo sistema de iluminación e a creación dunha zona de consulta de expedientes e documentación. Paloma Cuevas informou a Marina García das actividades que se están a desenvolver no Concello en relación á documentación, como o proxecto de conformación do arquivo histórico de fotografías na páxina web www.arquinaron.es, a integración da faceta histórica nas charlas de educación viaria ou o próximo proxecto de dixitalización que ten previsto o Concello, subvencionado parcialmente polo Ministerio de Administracións Públicas. A Edila popular trasladoulle tamén a Marina García, a necesidade de persoal para encarar esta dixitalización e as numerosas tarefas que estanse a levar a cabo no arquivo. A Concelleira de Novas Tecnoloxías, declarou a súa satisfacción polo estrito cumprimento do Concello nestas obras, tanto nos prazos, como no proxecto acometido, e mostrouse confiada en que esta demostración de transparencia na administración local logre máis axudas no futuro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal