Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ENTREGA TAPICES EDUCATIVOS ÁS DIRECCIÓNS DOS CENTROS ESCOLARES E PRESENTA O PROXECTO "A CIDADE DOS NENOS/AS"
O Consello dos nenos/as concíbese como una experiencia de educación cívica e diríxese a menores de cuarto e quinto curso de Primaria
Narón, 14 de maio de 2019. Directores e directoras dos centros escolares da cidade desprazáronse esta mañá ao Concello para recibir uns tapices educativos e uns robots dirixidos a unha novidosa proposta impulsada a través do equipo de Educación Viaria de Narón, xa operativa no colexio da Solaina. Os concelleiros de Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo, e de Ensino, Mercedes Taibo, foron os encargados de entregarlles o material, adquirido dende o Consistorio, e que lles permitirá ampliar a formación na área de educación viaria nos seus respectivos centros. Os colexios que contarán cos tapices educativos e robots son os de: O Feal, A Solaina, Ayala, Virxe do Mar, A Gándara, Santiago Apóstol, Piñeiros, Jorge Juan, Ponte de Xuvia e o CRA (Sedes, Domirón e O Val). A maiores, os directores e directoras dos centros educativos da cidade coñeceron da man de Pedro Caneiro e Sonia López, integrantes do equipo de Educación Viaria do Concello de Narón, o proxecto internacional “A cidade dos nenos/as”, impulsado por Francesco Tonucci e a cuxos obxectivos se sumou o Concello naronés no ano 2015. Entre os mesmos está a constitución do Consello dos nenos/as, que se impulsa na cidade dende o curso 2016/2017, tal e como se recordou na xuntanza, e que se dirixe a menores de educación Primaria “co fin de crear un espazo de debate entre alumnado de cuarto e quinto curso de Primaria e asumir un compromiso da vontade dos menores que realizan propostas como conselleiros/as e representantes do seu centro”. No espazo de debate participarán un neno e unha nena de cada un dos dez colexios de Narón e as propostas dos conselleiros e conselleiras –que previamente analizarán técnicos municipais- plantexaranse no Consello e tamén na administración local. O equipo de Educación Viaria de Narón encargarase de coordinar o traballo que implica este proxecto, que se estendeu xa por numerosas ciudades de Europa e América. Deste xeito, a maiores de coordinar as sesións coas direccións dos centros e o profesorado, traballarán co colectivo para presentar unha proposta ao pleno municipal na que se detallen as demandas debatidas e realizarase un informe de execución e avaliación de todo o proceso participativo. As tarefas a desenvolver, tal e como se explicou aos representantes dos centros, realizaranse durante todo o curso escolar, entre os meses de setembro e xuño. Inicialmente coordinaranse as sesións co profesorado e dirección para, a continuación, dinamizar as sesións do Consello dos Nenos/as; Moderar e mediar con representantes municipais para preparar a sesión final; Elaborar unha proposta para presentar no pleno do Concello; presentar os resultados no pleno e, finalmente, entregar un informe de execución e avaliación da actividade. O Consello dos Nenos/as concíbese como unha experiencia de educación cívica para que os menores entendan o funcionamento da administración local en tódalas súas fases (campaña electoral, votacións, elección do primeiro edil, deliberacións…), implicando aos menores e tamén aos adultos. Os participantes elixiranse por sorteo nos centros –un neno e unha nena de cuarto e quinto curso- para representar ao alumnado de cada un durante o seu mandato e ao final do curso elixiranse novos candidatos. Abordarán temas de actualidade para a cidade e apostarase por propostas que mellor poidan defender os dereitos e necesidades dos menores, contemplándose a posibilidade de que pidan unha reunión con asesores ou persoal da administración. Unha vez ao ano, como mínimo, amosarán no pleno municipal o traballo realizado, polo que na última sesión participarán nun pleno municipal, cos pertinentes edís e a alcaldesa, Marián Ferreiro, para presentar os seus proxectos e propostas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal