Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PROGRAMA MUNICIPAL "FÓRA DE XOGO" SOBRE PREVENCIÓN DE LUDOPATÍA EN MENORES REMATARÁ CUNHA MESA REDONDA NO PAZO
O PROGRAMA MUNICIPAL
A cita, aberta á asistencia da cidadanía en xeral, terá lugar o vindeiro 23 de maio e na mesma intervirán varios expertos na materia
Narón, 15 de maio de 2019. O Café Teatro do Pazo da Cultura acollerá o peche da primeira edición do proxecto municipal Fóra de Xogo, sobre prevención da ludopatía en menores. Ao traballo realizado nos últimos meses –entre marzo e maio- nos centros educativos da cidade súmase unha mesa redonda sobre “Menores e ludopatía: cando o xogo deixa de selo”, que dará comezo ás 20.00 horas e estará aberta á asistencia da cidadanía en xeral. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, recordou que na mesma participarán varios profesionais na materia: Antonio Rial Boubeta, doutor en Psicoloxía Social, Belén Montesa Lou, Psicóloga e terapeuta xeral sanitaria e Anabel Mosquera González, Pedagoga.
Este programa estruturouse en tres ámbitos de actuación: escolar, familiar e social, con sesións sobre prevención da ludopatía en menores que se impartiron en horario lectivo a algo máis de 350 escolares de terceiro e cuarto curso de ESO de centros de ensino da cidade. Os estudantes que participaron neste programa foron os do CPI do Feal, os do colexio Jorge Juan e os dos institutos das Telleiras e Terra de Trasancos. Así mesmo, as sesións impartíronse nas Escolas de Familia do Alto e da Solaina, do programa municipal Promedex (Programa Municipal de Recursos Educativos de Apoio á Escola) e que culmina coa mesa redonda que se celebrará o vindeiro 23 de maio e de asistencia libre.
A través deste proxecto contribúese a frear o problema da ludopatía en menores, cada vez máis acusado, previndo ese tipo de condutas e erradicándoas, no caso de que se detecten. Ludopatías, hábitos no xogo, riscos e consecuencias, características do xogo das apostas, perfil dos menores e identificación das sinais de alerta foron algúns dos temas abordados nas diferentes sesións.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2019 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal