Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE DESPRAZARASE MAÑÁ Á CIDADE
O vehículo localizarase na rúa Pintor Soutomaior, nas inmediacións da Praza da Gándara, en horario de tarde
Narón, 20 de maio de 2019. Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará mañá martes nas inmediacións da Praza da Gándara, na rúa Pintor Soutomaior. As persoas que poidan colaborar nesta nova campaña de doazón de sangue poderán facelo entre as 18.30 e as a 21.00 horas, tal e como se indicou dende ADOS. Un dos requisitos para as persoas que vaian doar sangue é que previamente almorcen e deixen transcurrir dúas horas para poder realizar a doazón, tal e como se require neste tipo de procedementos. Así mesmo, deben comunicar ao persoal das unidades móbiles se toman algunha medicación e presentar a tarxeta de doador, o DNI ou un documento similar para identificarse.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal