Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN NA ACTIVIDADE INFANTIL "DESCUBRIMOS ÁFRICA"
A proposta diríxese a nenas e nenos a partir de 4 anos e terá lugar o 25 de maio nas instalacións da Biblioteca municipal
Narón, 21 de maio de 2019. A Biblioteca municipal acollerá o vindeiro sábado, día 25, unha nova actividade infantil, dirixida neste caso a nenas e nenos a partir de catro anos. A actividade programouse para conmemorar o Día Mundial de África –que se celebra cada 25 de maio- e terá lugar a partir das 11.00 horas. As persoas interesadas en asistir poden anotarse dende hoxe ás 16.00 horas de maneira presencial nas instalacións da Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura. Descubrimos África é o título desta actividade, na que se porá de manifesto a realidade política, social e cultural deste continente. Os nenos e nenas coñecerán características propias de África como as súas xentes, tradicións e costumes, fauna e tamén lugares e persoas destacadas dese continente. Trátase dunha proposta multidisciplinar na que se contará unha lenda popular africana e se realizará un obradoiro no que se reproducirá un obxecto característico dunha das tribus africanas. Os nenos e nenas que desexen participar deben ter o carné da Rede de Bibliotecas sen sancións pendientes, tal e como se require neste tipo de actividades. As propostas infantís desta semana chegarán tamén á ludoteca da Solaina, donde mañá pola tarde, entre as 18.00 e as 19.00 horas, os menores de 3 a 12 anos poderán aprender cantigas e xogos tradicionais galegos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal