Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O MÚSICO E CANTANTE GALEGO ROI CASAL ACTUARÁ O VINDEIRO SÁBADO NO PAZO DA CULTURA
O MÚSICO E CANTANTE GALEGO ROI CASAL ACTUARÁ O VINDEIRO SÁBADO NO PAZO DA CULTURA
O concerto comezará ás 20.00 horas e aínda se poden adquirir entradas na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura
Narón, 22 de maio de 2019. O músico, cantante e compositor galego Roi Casal estará o sábado, día 25, no Pazo da Cultura, donde protagonizará o espectáculo musical Son galego, son cubano. O concerto comezará ás 20.00 horas e as entradas que aínda quedan dispoñibles poden adquirirse na billeteira do Pazo ou a través da web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es-. O prezo das entradas é de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante.
Son galego, son cubano é un espectáculo que se estreou no Gran Teatro de La Habana, en Cuba, no ano 2016, e que dende entón foi sumando novos éxitos en diferentes países. As letras do escritor galego Neira Vilas, co que Roi Casal traballou neste espectáculo ata o falecemento de Vilas, dan un contido especial a este espectáculo, no que está moi presente a emigración galega en Cuba, donde Neira Vilas residiu algo máis de tres décadas, deixando parte das súas vivencias, e as doutros galegos que residían nesta illa caribeña, recollidas nalgunhas das súas obras.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal