Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLE UNHA MESA REDONDA SOBRE "MENORES E LUDOPATÍA: CANDO O XOGO DEIXA DE SELO"
A cita será mañá a partir das 20.00 horas e con entrada de balde, e enmárcase no programa municipal Fóra de xogo
Narón, 22 de maio de 2019. O proxecto municipal Fóra de Xogo, de prevención de ludopatía en menores, rematará mañá cunha mesa redonda sobre “Menores e ludopatía: cando o xogo deixa de selo”, programada no Café Teatro do Pazo da Cultura. A cita, aberta á cidadanía en xeral, dará comezo ás 20.00 horas, e na mesma intervirán varios expertos na materia: Antonio Rial Boubeta, Doutor en Psicoloxía, director técnico da unidade de Psicoloxía e profesor titular da USC; Belén Montesa, psicóloga xeral sanitaria especialista en adiccións, terapeuta familiar e técnica de prevención, e Anabel Mosquera, pedagoga, terapeuta de adiccións e responsable do proxecto Fóra de xogo na cidade. O Concello de Narón puxo en marcha o pasado mes de febreiro esta iniciativa, que entre os seus obxectivos ten o de frear o impacto negativo que ten o xogo de azar entre os menores da cidade. Para materializalo leváronse a cabo intervencións en tres ámbitos: escolar, familiar, e social. O escolar realizouse impartindo nas aulas obradoiros de prevención entre alumnado de terceiro e cuarto curso de ESO do CPR Jorge Juan, do CPR Ayala, do CPI do Feal e dos institutos das Telleiras e Terra de Trasancos. Nas sesións abordáronse temas como a ludopatía, os seus riscos e estratexias para evitar este tipo de condutas. Finalmente, realizouse un estudo entre adolescentes de 14 a 18 anos da cidade, no que colaborou o doutor en Psicoloxía Antonio Rial. No ámbito familiar traballouse con tres grupos das Escolas de Familia de Narón, a través neste caso de obradoiros informativos e de prevención da ludopatía e analizando os perfís dos menores que xogan, os sinais de alerta e alternativas de ocio familiar, entre outros temas. Por último, no ámbito social programouse a mesa redonda que se celebrará mañá pola tarde no Pazo da Cultura, á que dende o Concello convidan a asistir á veciñanza.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal