Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA A "XIV CONCENTRACIÓN MOTEIRA CIDADE DE NARÓN" E AS "IX XORNADAS DE TURISMO ACTIVO"
As motos serán as protagonistas deste evento no que non faltará a música, o turismo e a tradicional e concurrida Ruta das Antorchas o sábado pola noite pola estrada de Castela
Narón, 28 de maio de 2019. A cidade acollerá esta fin de semana, dende o venres e ata o domingo no paseo marítimo de Xuvia, a décimo cuarta edición da Concentración Moteira Cidade de Narón, organizada polo Motoclub Fojeteiros, en colaboración co Concello. No marco deste evento celebrarase tamén a novena edición das Xornadas de Turismo Activo. A alcaldesa en funcións, Marián Ferreiro, e os edís tamén en funcións de Deportes e Turismo, Román Romero e Natalia Hermida, presentaron o evento acompañados por José María López Quintián, presidente do Moto Club Fojeteiros, e Jorge Prado, vogal da entidade. Centos de persoas reuniranse de novo na cidade con motivo desta convocatoria, na que as motos, a música e o turismo centrarán a programación dos tres días. O venres día 31 de maio ás 18.00 horas inaugurarase a concentración moteira, abrindo o prazo de inscricións, cun mercadillo moteiro e tamén haberá un simulador de caballitos. Ás 21.30 horas celebrarase unha cea na carpa instalada para a ocasión no paseo de Xuvia e a partir das 22.30 comezará a música, cos concertos a cargo dos grupos Fito Fito Gorgorito –tributo a Fito&Fitipaldis-, La Frontera e Sintrom ni Son. Na xornada do sábado a programación retomarase ás 9.00 horas, cun almorzo moteiro tamén en Xuvia e ás 10.00 horas abriranse as inscricións, e o mercadillo moteiro. Os asistentes que se inscriban desprazaranse á vila de Cedeira, partindo de Narón ás 11.00 horas no marco das Xornadas de Turismo Activo e regresarán sobre as 14.00 horas para xantar baixo a carpa de Xuvia. Os espectáculos de motos chegarán pola tarde, tamén no paseo de Xuvia, ás 17.30 horas, donde haberá unha exhibición de Trial Show, con Jordi Pascuet e Marcel Justribo. Tralas exhibicións, sobre as 21.00 horas, haberá unha cea na carpa e procederase á entrega dos trofeos. Será un ano máis a Ruta das Antorchas unha das citas máis esperadas deste evento. A partir das 23.30 horas os moteiros sairán do paseo de Xuvia pola estrada de Castela portando candeas –á xente que verá o paso das motos dende as inmediacións do citado vial dende as beirarrúas entregaránselle banderíns a partir das 23.00 horas- que iluminarán ao seu paso o citado vial ata a Ponte das Cabras e de regreso ao paseo de Xuvia. Finalmente, sobre as 00.30 horas terá lugar a Festa Moteira, co DJ Josy da Graver. O domingo ás 10.00 horas será o almorzo moteiro en Xuvia e ás 11.30 horas os motoristas partirán cara a Valdoviño, nunha nova Ruta Mototurística e na que tomarán un aperitivo. Ao mediodía, ás 14.30 horas será o xantar na carpa e sortearanse varios agasallos e ás 16.00 horas pecharase esta nova edición da Concentración Moteira Cidade de Narón. O presidente do Moto Club Fojeteiros agradeceron a colaboración prestada polo Concello e, animaron á todo o mundo, non só aos moteiros e moteiras, a achegarse e desfrutar con nós dunha fin de semana espero que moi agradable”. Pola súa parte, Marián Ferreiro incidiu en que se trata “dun dos eventos máis importantes do noso concello” e animou á cidadanía a gozar da programación que a partir do venres se desenvolverá na cidade. Así mesmo, destacou que se trata “dunha concentración que reúne deporte e ocio e que xerará un importante retorno no sector hostaleiro e comercial da cidade, e tamén noutros municipios da comarca”. Así mesmo, a alcaldesa en funcións destacou e agradeceu o labor do Motoclub Fojeteiros.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal