Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS FESTIVAIS DE FIN DE CURSO DA ESCOLA DE MÚSICA SEMENTEIRA E DAS DE BAILES DE SALÓN E CULTURA TRADICIONAL DO PADROADO SERÁN ESTA FIN DE SEMANA NO PAZO
As persoas interesadas en asistir poden adquirir as entradas, a un prezo de dous euros para cada unha das xornadas, na billeteira do Pazo
Narón, 29 de maio de 2019. Preto dun milleiro de alumnas e alumnos da Escola de Música da Asociación Cultural Sementeira e das Escolas de Bailes de Salón e de Cultura Tradicional do Padroado da Cultura de Narón actuarán esta fin de semana nos festivais de final de curso que se celebrarán no Pazo da Cultura. O alumnado recibe convites para poder asistir, se ben as persoas que desexen asistir poden adquirir as entradas, ata completar o aforo, na billeteira do Pazo, a un prezo de dous euros –para cada un dos días-, tal e como recordou a concelleira de Cultura en funcións, María del Carmen Espada, que animou á veciñanza a acudir a estas convocatorias. A primeira cita será este venres, día 31, co Festival de Fin de Curso da Escola de Música Sementeira, que dará comezo ás 18.00 horas. Actuarán os alumnos e alumnas da Escola de Música e pechará a xornada a Banda Infantil de Sementeira. Na xornada do sábado, día 1, celebrarase o festival de fin de curso da Escola de Bailes de salón, con dous pases. O primeiro deles será ás 17.00 horas e o segundo a partir das 19.30 horas. A concelleira de Cultura en funcións, María del Carmen Espada, explicou que actuarán un total de 343 alumnas e alumnos das modalidades de Danza coreográfica, Bailes latinos, Bailes estándar, Ritmos caribeños e Baile de salón a nivel social. Os festivais de fin de curso das Escolas de Baile e Música tradicional do Padroado da Cultura de Narón celebraranse o domingo día 2. Ás 16.30 horas comezará o primeiro festival no que actuará o alumnado de O Recuncho dos pequechos, con 33 matriculados este curso; a Escola de Zanfona, con 40, a de Acordeón, con outros 40, a Escola de Gaita (Escolas e Banda de Gaitas), con 130 e a de Percusión, con 19 alumnas e alumnos. A partir das 18.30 horas será o turno do segundo festival, no que actuarán o alumnado de Baile Tradicional (Escolas e Grupo de Baile tradicional Alxibeira), con 130 persoas en total; e o de Pandeireta (Escolas e Pandereteiras do Grupo Alxibeira), con 150 persoas. Así mesmo, o sábado entre as 11.00 e as 13.00 horas o Pazo acollerá o fin de curso da Escola de Debuxo do Padroado da Cultura, que se celebrará cun almorzo compartido polo alumnado. Unha parte dos traballos realizados polos alumnos e alumnas desta escola pode verse ata o 3 de xuño na entrada do Pazo da Cultura, tal e como recordou Espada. “Cada ano, coincidindo co final do curso, temos a oportunidade de ver o traballo que realizan as Escolas do Padroado da Cultura, ás que acuden veciñas e veciños de Narón e tamén doutros concellos”, apuntou, destacando “a variedade de opcións que se ofertan desde o Padroado para formación en diferentes disciplinas relacionadas co baile e a música”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal