Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ADHERIUSE Á CAMPAÑA "LIBERDADE DE SER E SENTIR!" DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
A través desta iniciativa conmemorarase o 28 de xuño o Día da Diversidade Sexual, sensibilizando á cidadanía sobre a importancia da tolerancia e igualdade das persoas
Narón, 30 de maio de 2019.- O Concello de Narón adheriuse á campaña Liberdade de ser e sentir!, impulsada pola Deputación da Coruña con motivo da conmemoración do Día da Diversidade Sexual, que se conmemorará o vindeiro 28 de xuño. As áreas de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade da administración provincial promoven esta iniciativa, aberta á adhesión dos concellos e coa que se trata de sensibilizar á cidadanía e visibilizar a importancia da tolerancia e igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero, tal e como explicaron dende a organización. O Concello colaborará na difusión de material relativo a esta campaña, co fin de respaldar os obxectivos da mesma e avanzar cara á plena igualdade social, contemplándose ademais iluminar nesa data algún edificio ou espazo público da cidade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal