Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO DESTINA 32.000€ A CONVENIOS EN MATERIA DE CULTURA E SANIDADE
O CONCELLO DESTINA 32.000€ A CONVENIOS EN MATERIA DE CULTURA E SANIDADE
A firma contou coa presenza do Alcalde, representantes das cinco entidades e os concelleiros das áreas
O Alcalde de Narón, Xoán Gato, e os representantes das asociacións obxecto dos convenios: Asociación S.R.C A Pombiña, A.VV. O Couto, Asociación Cultural Areosa, Asociación Española contra o Cancro e Asociación de Diabéticos de Ferrolterra, asinaron a súa colaboración en materia de cultura e sanidade. Na firma tamén estiveron presentes o responsables desas áreas, o Concelleiro de Sanidade, Manuel Ramos, e a Concelleira de Cultura, Manuela Pérez.

Xoán Gato afirmou que se trataba dun acto sinxelo, pero moi significativo, no que se primaban os resultados. O Alcalde recordou que o Concello de Narón dedica o 0,7% dos seus presupostos ao capítulo de transferencias, aproximadamente uns 300.000€ anuais. E engadiu que se todos os concellos fixeran o mesmo, “aliviaríanse moitas necesidades sociais das que hoxe existen”. Gato definiu estes convenios como un “recoñecemento á labor que se fai nas parroquias de Narón na promoción da cultura e na preservación da saúde”.

Especialmente emotiva foi a presenza da presidenta da Asociación Cultural A Pombiña, Ofelia Díaz Picos. Unha muller que leva dende o ano 69 colaborando con entidades culturais e sociais, traballando a favor da solidariedade, e para a que, dende as outras entidades, pediuse unha homenaxe. Anselmo Beceiro, presidente da Asociación de Veciños de O Couto, recordou que precisamente hoxe é o XXX aniversario da súa entidade, constituídos os seus estatutos un 28 de novembro de 1978. Como anécdota destacou a entrega ó Alcalde do carné de socio por parte da Asociación de Diabéticos de Ferrolterra, co número 1000.

Estes é o resumo dos convenios asinados:


Asociación S.R.C. A Pombiña: A finalidade do convenio é a de desenrolar actividades de interese comunitario na parroquia de Pedroso. A achega económica municipal é de 8.000€ aboados en 2 prazos, 4.000€ na firma do convenio e 4000€ ó remate do mesmo. O Concello tamén facilitará asesoramento técnico do Servizo Sociocomunitario: 1 técnico de xestión de servizos e 1 administrativo.

A VV. O Couto: A finalidade do convenio é a de desenrolar actividades de interese comunitario na parroquia de O Couto, centrada en dúas fundamentais: o ciclo Tempo de música e a Apertura do mosteiro do Couto. A achega económica municipal é de 8.000€ aboados en 2 prazos, 4.000€ na firma do convenio e 4000€ ó remate do mesmo. O Concello tamén facilitará asesoramento técnico do Servizo Sociocomunitario: 1 técnico de xestión de servizos e 1 administrativo.

Asociación Cultural Areosa: A finalidade do convenio é a de desenrolar actividades de interese comunitario na parroquia de Piñeiros, entre as que se inclúen o Festival de Panxoliñas ou o Certame de Habaneras. A achega económica municipal é de 6.000€ aboados en 2 prazos, 3.000€ na firma do convenio e 3000€ ó remate do mesmo. O Concello tamén facilitará asesoramento técnico do Servizo Sociocomunitario: 1 técnico de xestión de servizos e 1 administrativo.

Asociación Española contra o Cancro: A finalidade do convenio é a de colaborar nas actuacións que a Asociación ven desenvolvendo na bisbarra de Ferrolterra desde hai anos, nas áreas de intervención sociocomunitaria, socioeducativa, formación, nutrición e outras. A axuda ten dous obxectivos específicos:
- Programa de piscina terapéutica: actividade dirixida a prevención e rehabilitación do Lindefema (complicación asociada ó cancro de mama en mulleres mastectomizadas) como complemento do programa de atención integral á muller con cancro de mama “mucho vivir” o cal presta atención psicolóxica e social.
- Programa de fatiga oncolóxica: dar información e formación práctica ós docentes oncolóxicos para soportar de mellor maneira as secuelas ou efecto secundarios dos tratamentos.

A achega económica municipal é de 5.000€ aboados en 2 prazos, 2.500€ na firma do convenio e 2.500€ ó remate do mesmo. O Concello facilitará un local de atención de usuarios nos centro cívico sociais e instalacións municipais para a realización de actos de pública concorrencia. Tamén proporcionará asesoramento técnico do Servizo Sociocomunitario: 1 técnico de xestión de servizos, 1 educador social e 1 administrativo.

Asociación Diabéticos de Ferrolterra: A finalidade do convenio é a de regular o marco de cooperación entre o Concello e a Asociación de Diabéticos para a realización de diversas actividades destinadas á información e tratamento da diabetes, así como das accións de prevención e educación para a saúde. A achega económica municipal é de 5.000€ aboados en 2 prazos, 2.500€ na firma do convenio e 2.500€ ó remate do mesmo. O Concello facilitará un local de atención de usuarios nos centro cívico sociais e instalacións municipais para a realización de actos de pública concorrencia. Tamén proporcionará asesoramento técnico do Servizo Sociocomunitario: 1 técnico de xestión de servizos, 1 educador social e 1 administrativo.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal