Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APROBADA POR UNANIMIDADE UNHA MOCIÓN URXINDO Á XUNTA UN PLAN DE REXENERACIÓN DA RÍA DE FERROL E SOLUCIÓNS DE FUTURO PARA A CONFRARÍA DE BARALLOBRE
Na sesión plenaria acordouse solicitar unha entrevista coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, á que asistan representantes dos concellos da ría
Narón, 30 de maio de 2019.- O Concello acolleu hoxe o pleno ordinario de finais de mes, no que a alcaldesa en funcións, Marián Ferreiro, deu conta de varios informes e no que se aprobou unha moción incluída na orde do día. O documento, presentado por Terra Galega, PSOE, BNG e EU aborda o risco de desaparición da Confraría de Barallobre. A moción, aprobada por unanimidade, insta á Consellería do Mar a elaborar un plan de rexeneración real, coordinado con outras administracións e as propias confrarías para a ría de Ferrol, no que se contemplen tanto medidas como prazos e recursos económicos para levalo a cabo á maior brevidade. Así mesmo, reclamarase á Xunta un Plan Ambiental para garantir a calidade das augas e dos fondos mariños da ría e para dotar á ría de persoal suficiente de inspección pesqueira co fin de reforzar a vixilancia sobre a extracción e comercialización ilegal de marisco na zona. Por último, tamén se contempla no documento solicitar unha reunión das alcaldías da ría coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, para demandar unha solución á confraría de Barallobre que garanta o seu futuro e viabilidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal