Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRETO DE NOVECENTAS ALUMNAS E ALUMNOS DE CATRO COLEXIOS PARTICIPARON ESTE CURSO NO PROGRAMA CAMIÑOS ESCOLARES SEGUROS
A alcaldesa en funcións, Marián Ferreiro, agradeceu a implicación de tódolos participantes nesta iniciativa e recordou ás familias que teñen de prazo ata o 15 de xullo para canxear as "Pegadas" por agasallos nos establecementos adheridos
Narón, 31 de maio de 2019. Un total de 859 alumnas e alumnos dos colexios de Piñeiros, Ponte de Xuvia, Jorge Juan e A Solaina participaron durante o curso escolar 2018-2019 no programa Camiños Escolares Seguros, impulsado a través do Concello, co persoal do equipo de Educación Viaria. Os menores recibiron unha “Pegada”- a modo de punto- por cada día que acudiron ao colexio a pé, en bicicleta ou patinete e realizaron o control nos equipos habilitados á entrada deses centros. A alcaldesa en funcións da cidade, Marián Ferreiro, destacou “o éxito desta iniciativa, que paulatinamente estamos incorporando nos colexios da zona urbana e coa que apostamos dende hai tres anos por fomentar o exercicio físico entre o alumnado e tamén que os nenos e nenas, dende pequeniños, se familiaricen coa normativa sobre educación viaria”. O CEIP Piñeiros foi o primeiro, no curso 2016/2017, en implantar este programa, no que neste último curso participaron 177 alumnas e alumnos. No curso 2017/2018 comezou a funcionar nos CEIP Ponte de Xuvia, con 191 menores e no CPR Jorge Juan, con 81, e este curso púxose en marcha no CEIP da Solaina, donde participan 410 menores. Estas cifras, en conxunto, representan unha adhesión a este programa de algo máis do 90% do alumnado dos citados centros educativos. Dende o Concello recordouse ás familias con fillos e fillas que participan nos Camiños Escolares Seguros, que dispoñen de prazo ata o vindeiro 15 de xullo –incluído- para canxear as “Pegadas” que foron sumando ao longo do curso escolar por agasallos. O catálogo pode consultarse na páxina web: http://pegadas.naron.es/ e tamén na APP “Pegadas” –dispoñible para sistemas Android, polo momento-. O equipo de Educación Viaria constatou que, a piques de rematar o período lectivo, ningún dos nenos e nenas alcanza o tope esixido para os agasallos que requiren máis “Pegadas”. Por esta razón, optouse por baixar o número das que se pedían para acceder a eles, ofrecéndolles así a oportunidade de conseguilos. O feito de que perderan a pulsera, esqueceran realizar o control á chegada ou se estropease algunha é o motivo de que non consigan esa cantidade que se pedía inicialmente. Os 823 agasallos dispoñibles cedéronos uns oitenta establecementos da cidade e o propio Concello, neste último caso con entradas para espectáculos infantís no Pazo da Cultura. “Un ano máis, queremos agradecer aos nenos e nenas inscritos nos Camiños Escolares Seguros o feito de que se sumasen a esta iniciativa e tamén a colaboración das familias e dos centros educativos, ás Anpas e aos establecementos hostaleiros e comerciais adheridos, responsables todos eles do éxito deste programa, que trataremos de continuar levando a outros centros educativos de Narón”, asegurou Ferreiro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal