Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA EN COLABORACIÓN CON FAMILIAS E A ANPA DO CRA UN NOVO ACTO REIVINDICATIVO URXINDO Á XUNTA A REAPERTURA DA ESCOLA DE PEDROSO
Dous profesionais do mundo da música, Amalia Guerrero e Manuel Tizón, do dúo Amalia&Manuel, ofrecerán mañá un concerto no patio do centro
Narón, 3 de xuño de 2019. O Concello organizou un novo acto reivindicativo para urxir á Consellería de Educación a reapertura da escola de Pedroso para o vindeiro curso. A convocatoria programouse unha vez máis en colaboración con familias e a ANPA do CRA e terá lugar mañá martes, ás 19.00 horas, no patio da citada escola. Dende o goberno local animan á veciñanza a asistir a este acto, respaldando así a demanda dos pais e nais que prematricularon aos seus fillos e fillas no centro e defendendo a continuidade dos colexios rurais. Representantes do equipo de goberno naronés, encabezados pola alcaldesa en funcións, Marián Ferreiro, asistirán a esta convocatoria, na que tamén estará presente a concelleira en funcións de Ensino, Mercedes Taibo. O grupo Amalia&Manuel, formado por Amalia Guerrero e Manuel Tizón, ofrecerá un concerto reivindicativo no patio da escola de Pedroso. Este dúo musical –violín e guitarra- constituíuse no ano 2004 da man de Amalia e Manuel, ambos profesionais titulados polo Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, veciños na actualidade de Pedroso e afectados polo peche da escola desta parroquia naronesa. O acto de mañá súmase aos realizados en semanas anteriores no centro para reivindicar á Consellería de Educación a reapertura da escola de Pedroso para o curso 2019/2020, para o que o centro conta con seis menores prematriculados, condición previa requerida pola Xunta para mantelo aberto. “A pesares de cumprir o requisito esixido, as familias descoñecen neste momento, a escasos días de abrir o prazo de formalización da matrícula, se o centro se reabrirá o vindeiro mes de setembro, polo que é urxente que canto antes se confirme esta reapertura ás familias afectadas”, recalcou Ferreiro, que recordou que leva case oito meses á espera de que lle fixen unha data para reunirse coa conselleira de Ensino, Carmen Pomar, e abordar este e outros temas relativos á citada área. Ferreiro solicitou en varias ocasións entrevistas coa responsable autonómica de Educación sen obter polo momento resposta algunha e a pesares de ter constancia a propia Pomar da situación da escola de Pedroso. Así mesmo, a alcaldesa en funcións da cidade recordou que se está levando a cabo unha campaña de recollida de sinaturas en apoio á reapertura da citada escola. As persoas que poidan colaborar teñen á súa disposición os escritos para asinar nos centros de ensino da cidade e nos edificios públicos municipais. “En Narón non estamos pedindo nada que non se faga noutro concello nesta mesma situación, o que pedimos é que se confirme canto antes a reapertura do colexio unha vez cumpridos os requisitos esixidos en canto á matriculación e que así se comunique oficialmente a través da Xunta aos pais e nais afectados”, asegurou Ferreiro.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal