Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONTRATA A NOVE PERSOAS PERCEPTORAS DA RISGA PARA REALIZAR TAREFAS DE MANTEMENTO E LIMPEZA
As contratacións realízanse no marco dunha subvención da administración autonómica e diríxense a persoas en situación de risco ou exclusión social perceptoras da Risga
Narón, 4 de xuño de 2019. Un total de nove persoas asinaron o pasado 30 de maio o contrato correspondente ao programa de mantemento e limpeza do patrimonio público de Narón. Onte mesmo realizaron no Concello un curso de Prevención de Riscos Laborais para incorporarse hoxe aos traballos encomendados, tal e como indicou o concelleiro en funcións de Servizos, Ibán Santalla. As contratacións realízanse no marco dunha subvención da administración autonómica e que se dirixe a persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da Renta de inclusión social de Galicia (Risga). Unha muller exercerá como capataz medioambiental e os seus oito compañeiros e compañeiras de peóns ambientais durante os oito meses de duración deste contrato temporal, en vigor dende o pasado 30 de maio e ata o 2 de febreiro do vindeiro ano, explicou Santalla. En canto ás tarefas a desenvolver nos vindeiros días, o edil naronés avanzou que se comezará a desbrozar a senda da Ruta dos Muíños, pola marxe do río Xuvia ata a área recreativa de Pedroso, “un dos paraxes naturais que percorren a pé en numerosas ocasións veciños e veciñas da cidade e tamén chegados doutros concellos e que dende hai uns meses ten operativo en determinados puntos un sistema de audioguías con explicacións que se poden escoitar a través dun código QR en galego, castelán e inglés”. A maiores, tamén este equipo de operarios realizará tarefas de reparación de baldosas que se atopan en mal estado nas beirarrúas do termo municipal e o barnizado de bancos públicos, según indicou Santalla. “A incorporación destas nove persoas durante oito meses permitiranos actuar ao mesmo tempo en varias ubicacións da cidade, xa que estas tarefas de mantemento e limpeza realízanse durante todo o ano con persoal do departamento de Servizos, se ben este tipo de convocatorias permítennos reforzar os traballos”, recalcou Santalla.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal