Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A DIRECCIÓN XERAL DE TRÁFICO COLABORARÁN COS CENTROS EDUCATIVOS DA CIDADE NA FORMACIÓN SOBRE EDUCACIÓN VIARIA E MOBILIDADE
O edil en funcións de Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo, a xefa provincial de Tráfico na Coruña, Victoria Dobarro, e representantes de centros de ensino da cidade reuníronse hoxe no Concello
Narón, 7 de xuño de 2019. O concelleiro en funcións de Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo, acudiu esta mañá á xuntanza organizada no Concello coa xefa provincial de Tráfico na Coruña, Victoria Dobarro, e directores e profesorado de centros educativos da cidade. A reunión, á que tamén asistiron os axentes da Policía Local Pedro Caneiro e Sonia López, do equipo de Educación Viaria do Concello, convocouse co fin de analizar cos representantes dos colexios da cidade os requisitos esixidos para impartir a asignatura de Mobilidade sostible e segura a alumnado de Secundaria e Bacharelato. O traballo que, a nivel formativo se realiza dende o equipo de Educación Viaria de Narón nos centros educativos da cidade é a referencia da que se partiría, se ben os representantes dos centros lle trasladaron a Dobrarro as limitacións coas que se atopan para poder impartir esa asignatura, na que estarían interesados. Acudiron á convocatoria representantes do instituto das Telleiras, e dos colexios Ayala, Santiago Apóstol, Jorge Juan e O Feal, que confirmaron a súa dispoñibilidade de ofrecer esta asignatura sempre e cando se estude a posibilidade de ampliar o número de titulacións que actualmente se requiren para impartila ou habilitar a docentes con outras titulacións. A xefa provincial de Tráfico comprometeuse a analizar as cuestións plantexadas nunha xuntanza que terá lugar este mes, co fin de avanzar e tratar de que esta asignatura se poida impartir naqueles centros que así o consideren. Pola súa banda, dende o Concello de Narón, o edil de Seguridade Cidadá e Transporte Público, ofreceu a total colaboración para contribuír na formación do alumnado nesta materia. “Ao longo do ano levamos a cabo numerosas actividades e programas cos escolares da cidade nos centros educativos e continuaremos apoiando dende o Concello calquera iniciativa impulsada nesa mesma liña”, confirmou o edil.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal