Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA E OS PORTAVOCES DOS GRUPOS DA CORPORACIÓN LOCAL REUNÍRONSE COS REPRESENTANTES DO COMITÉ DE EMPRESA DE POLIGAL
A ALCALDESA E OS PORTAVOCES DOS GRUPOS DA CORPORACIÓN LOCAL REUNÍRONSE COS REPRESENTANTES DO COMITÉ DE EMPRESA DE POLIGAL
Marián Ferreiro comprometeuse a contactar co seu homónimo de Ferrol, Ángel Mato, para instar co resto de concellos da comarca ao Ministerio de Industria e ao Igape a clarificar a viabilidade de materializar a proposta dos dous posibles inversores
Narón, 18 de xuño de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e os portavoces dos grupos políticos municipais: Guillermo Sánchez Fojo (TEGA); Germán Castrillón (PP); David Pita (PSOE) e Olaia Ledo (BNG) reuníronse esta mañá no Concello con representantes do comité de empresa de Poligal. Os integrantes da corporación local escoitaron as demandas dos extraballadores da empresa e reiteráronlles o seu apoio ás súas reivindicacións.
A alcaldesa, Marián Ferreiro, comprometeuse a poñerse en contacto co seu homónimo de Ferrol, Ángel Mato, para tratar de actuar conxuntamente, tamén contactando co resto de concellos da comarca, e instar tanto ao Ministerio de Industria como ao Igape a “clarificar tanto as xestións que realizaron dende o inicio do anuncio do peche da planta de Poligal en Narón como a viabilidade de materializar a proposta dalgún dos dous posibles inversores que poderían, según se indicou dende o Igape, adquirir a empresa”.
Ferreiro reiterou que “dende o Concello de Narón continuaremos apoiando a todo o plantel despedido de Poligal e seguiremos incidindo, ao lado dos representantes dos traballadores e traballadoras, na necesidade de que se dean pasos en firme para solventar esta situación”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2019 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal