Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O GOBERNO LOCAL APOIARÁ AS REIVINDICACIÓNS DA FEDERACIÓN COMARCAL DE ANPAS ESIXINDO A REAPERTURA DA ESCOLA DE PEDROSO
O GOBERNO LOCAL APOIARÁ AS REIVINDICACIÓNS DA FEDERACIÓN COMARCAL DE ANPAS ESIXINDO A REAPERTURA DA ESCOLA DE PEDROSO
O colectivo presentará mañá martes recursos administrarivos ante o edificio administrativo da Xunta en Ferrol, donde convocaron unha concentración
Narón, 24 de xuño de 2019. O goberno local respalda a nova acción que, impulsada a través da Federación Comarcal de Anpas de centros públicos de Ferrolterra, se levará a cabo mañá co fin de esixir a reapertura da escola de Pedroso para o vindeiro curso: 2019/2020. O colectivo e as familias presentarán mañá –ás 12.00 horas no edificio administrativo da Xunta en Ferrol- recursos administrativos contra a resolución da Comisión de Escolarización de Narón, para instar á Xunta a concederlles a primeira opción de matrícula aos nenos e nenas que solicitaron en primeiro lugar a escola de Pedroso do CRA de Narón, tras concederlles recentemente a segunda opción.
As persoas afectadas recordan que cumpren con todos os requisitos esixidos pola administración autonómica para que o centro continúe aberto, ao dispoñer de suficientes matrículas para o curso que se iniciará en setembro e tamén de cara ao curso 2020/2021, tal e como manifestaron á propia Xunta de Galicia.
Dende a Federación de Anpas de centros públicos de Ferrolterra convidan ás familias da cidade e do resto de concellos da comarca a apoiar esta nova reclamación, concentrándose mañá ás 12.00 horas fronte ao edificio administrativo da Xunta, en Ferrol. Dende o goberno local de Narón, que en reiteradas ocasións urxiu á Xunta –sen obter resposta algunha- que confirmase a reapertura deste centro ás familias, sumaranse novamente a este acto reivindicativo convocado co fin de esixir a reapertura da escola de Pedroso para o curso 2019/2020, entendendo e respaldando as xustas reivindicacións das familias afectadas polo peche deste centro de ensino na cidade.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal