Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO INICIA AS ACCIÓNS DE DIFUSIÓN DA CAMPAÑA PROVINCIAL "LIBERDADE DE SER E SENTIR!"
O CONCELLO INICIA AS ACCIÓNS DE DIFUSIÓN DA CAMPAÑA PROVINCIAL
O Concello adheriuse a esta iniviativa para conmemorar o Día da diversidade sexual
Narón, 25 de xuño de 2019. O Concello de Narón desenvolverá ao longo desta semana os compromisos adquiridos trala adhesión á campaña Liberdade de ser e sentir!, impulsada pola Deputación da Coruña con motivo do Día da diversidade sexual, que se conmemorará o 28 de xuño. A través desta iniciativa apóstase por sensibilizar á cidadanía sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independientemente da súa orientación sexual e identidade de xénero. A maiores de difundir a través da web, do Facebook e de instalacións municipais material relativo a esta campaña, proxectarase na Casa da Mocidade –nunha data por concretar- o vídeo promocional da mesma, e procederase a iluminar a glorieta de Freixeiro coas cores da bandeira da diversidade sexual durante esta semana. Así mesmo, colocouse no interior do Concello –nun balcón do entrechán, visible dende a entrada principal- a citada bandeira.
A maiores do Concello de Narón participan nesta campaña outros trinta e oito municipios da provincia, co fin de darlle a maior difusión posible. A imaxe elixida para a iniciativa Liberdade de ser e sentir! baséase nun graffiti, a modo de elemento reivindicativo por excelencia e sinónimo de liberdade e libre pensamento, tal e como indicaron dende a administración provincial. Así mesmo, os impulsores da campaña explicaron que o lema da mesma “é un berro para reivindicar o dereito á liberdade sexual e á tolerancia das persoas”.
A campaña inclúe a posta en marcha dunha serie de accións dirixidas a xerar na sociedade, especialmente entre as mozas e mozos, valores como a tolerancia e a igualdade das persoas gais, lesbianas, bisexuais, transexuais, queer, e intersexuais para naturalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais e darlle visibilidade ao colectivo LGTBQI+.
As persoas interesadas en coñecer a campaña Liberdade de ser e sentir! poden facelo a través da páxina web: www.seresentir.gal e no spot promocional da mesma, no enlace: https://bit.ly/2Rz8zSO.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal