Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O NOVO PAZO DA CULTURA INAUGURARASE O VINDEIRO SÁBADO DÍA 13, ÁS 18 HORAS
O NOVO PAZO DA CULTURA INAUGURARASE O VINDEIRO SÁBADO DÍA 13, ÁS 18 HORAS
O domingo 14 será xornada de portas abertas
O novo Pazo da Cultura inaugurarase oficialmente o día 13 de decembro, e o poderán ver os veciños ós veciños o día 14, cunha xornada de portas abertas. As oportunidades que se abren con este novo espazo cultural para Narón son infinitas. No Pazo da Cultura poderase realizar calquera tipo de representación teatral, musical ou de danza, de pequeno ou gran formato. Tamén poderanse levar adiante representacións de zarzuela, ópera, danza clásica e grandes orquestras, que no Auditorio Municipal eran impensables por evidentes limitacións técnicas. As novas instalacións tamén permitirán ó Padroado aumentar a súa oferta de escolas e novas disciplinas, como poden ser o canto ou a danza contemporánea. E a montaxe de exposicións de gran formato, pois o Pazo conta cun vestíbulo de considerables dimensións e facilmente adaptable a esta actividade. O feito de que Narón conte cun espazo cultural destas características posibilitará que poida estar no circuíto de congresos e convencións profesionais, ou de calquera outro tipo que se realicen en Galicia.

Xoán Gato definiu ó Pazo como “unha homenaxe á media de 1500 xoves que pasan polas nosas escolas”, facendo referencia a ampla participación nas actividades teatrais e musicais do Concello. A obra máis espectacular do Concello levada a cabo con fondos propios é, segundo o rexedor naronés, a “demostración de que un Concello pode permitirse estes proxectos se administra ben a súa economía”, malia certas incomprensións dende ámbitos autonómicos. E engadiu que “a relación entre metro cadrado construído e prezo era a máis barata de Galicia, e unha das máis rentables de España”.


Melloras


A nivel administrativo, xestionar un novo espazo cultural como o Pazo da Cultura require dun número bastante maior de persoal que o do actual Auditorio, polo que plantel administrativo e técnico aumentará de dúas a dez persoas. En canto ás escolas, o Auditorio contaba con 4, pero o novo Pazo pasará a ter 20. Isto supón que, ata o de agora, se dera un servizo de escolas culturais ós veciños de Narón de 80 alumnos por hora. Coas novas aulas, poderase dar clases das diferentes actividades a 400 alumnos por hora, o que mellorará notablemente a calidade das clases impartidas polo Padroado. Ademais de contar cunhas instalacións modernas e habilitadas para estas actividades que evitarán o uso de espazos pouco axeitados que antes os profesores víanse na obriga de utilizar.

Son tamén varias as evolucións técnicas que se gañan no paso do Auditorio ó Pazo da Cultura. O escenario do Auditorio mide 88 m², o do Pazo da Cultura 272 m². En canto ós “hombros” (cada unha das partes que está ó lado do escenario e serven para que os actores se preparen antes de entrar, gardar escenografías que teñen que entrar, etc.) e a chácena (parte libre detrás do escenario, ben para amplialo en caso de necesidade ou ben para gardar escenografías) no Auditorio non existen, pero o Pazo da Cultura conta con 288 m² de “hombros” e 215 m² de chácena. O mesmo pasa co foso da orquestra, que si ten cabida no Pazo, con capacidade para 45 músicos. O Auditorio ten camaríns para 20 persoas. O Pazo para 80, ampliables a 160.

En canto a maquinaria o Auditorio está equipado cunha parrilla motorizada na que as barras, tanto para focos como para escenografía, carecen de mobilidade autónoma, o que limita enormemente a manipulación de elementos escénicos e de iluminación para as representacións. O Pazo da Cultura contará con 52 barras, todas autónomas, das que 44 serán contrapesadas e 8 motorizadas.


As cifras


A suma total do diñeiro invertido no Pazo de Cultura é de 12.373.518,45€, que se reparten en catro apartados: edificio, instalacións escénicas, entorno e climatización.

- Edificio: o proxecto de adxudicación estaba cifrado en 6.422.711,19€, correspondentes á construción xeral do edificio, obra civil e infraestruturas básicas. A raíz deste xorden dous proxectos a maiores, o proxecto modificado que reforma a estrutura do escenario para soporte da tremoia (1.284.542,23€) e o proxecto complementario que reforma acabados interiores para conseguir acondicionamento acústico (1.284.542,24€). Completa este apartado o proxecto de fachada, no que se reforma a fachada a “tipo ventilada” de paneis de aluminio e resina, para alcanzar maiores valores de illamento térmico (218.079,24€). Sumando un total xeral de: 9.209.874,9€

- Instalacións escénicas: este apartado comprende as instalacións de escenario, maquinaria escénica (sistemas de elevación de elementos escénicos), iluminación e audiovisual. O gasto total é de 1.375.505,43€

- Entorno: procedeuse trala construción do edificio ó acondicionamento do seu entorno, urbanizando as rúas do seu arredor (257.968,52€) e habilitando un espazo para aparcadoiro de público con capacidade para 200 vehículos (166.997,60€). O gasto total é de: 424.966,12€

- Climatización: todo o proceso de climatización do Pazo, as súas escolas e a instalación de placas solares foi financiado nun 70% polos fondos FEDER. Climatízase o Pazo con controis automáticos de temperatura, humidade relativa, caudal e calidade do aire por control de CO₂ (774.870€). Climatízanse as escolas do Pazo cos mesmos controis de temperatura, humidade relativa, caudal e calidade do aire por control de CO₂ (355.780€). E por último, instálanse placas solares para proporcionar auga quente a vestiarios e camaríns (232.522€). Polo que este apartado suma un gasto total de: 1.363.172€


As dimensións

O Pazo da Cultura ten unha dimensión total de 4.809 m², repartidos da seguinte maneira:

Platea………………………………………..696 m²
Escenario…………………………………...412 m²
Escena……………………………………...256 m²
Servizo de escenario e tremoia………… 804 m²
Vestíbulo e expositor…………………….. 566 m²
Laterais de servizo……………………….. 334 m²
Sotos do escenario………………………..680 m²
Escolas (tres plantas)……………………. 1.250 m²


O seu aforo é de 900 persoas, que se reparten en 700 butacas na platea, 100 no Anfiteatro 1, e 100 no Anfiteatro 2. Ámbolos dous anfiteatros son ampliables en 100 butacas máis cada un.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal