Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NO "IMPACT WEEKEND NARÓN" ORGANIZADO POLO CONCELLO E A ASOCIACIÓN CULTURAL IMPACT
ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NO
O evento reuniu esta fin de semana no pavillón Campo da Serra a máis de 300 xogadores de diferentes países
Narón, 30 de xuño de 2019. O Concello de Narón colaborou coa Asociación Cultural Impact na organización dunha nova edición do Impact Weekend Narón, que reuniu esta fin de semana no pavillón municipal Campo da Serra a máis de trescentos xogadores. A cita comezou a desenvolverse na tarde do pasado venres e rematará esta noite, sobre as 00.00 horas. O presidente da Asociación Cultural Impact, Antonio Adalid, asegurou que a convocatoria, resultou “todo un éxito tanto a nivel de participación como de público”. Adalid destacou a acollida deste evento e recoñeceu que “organizalo require un traballo importante pero o resultado é moi gratificante porque a xente está moi contenta”, incidindo en que cada ano “apostamos por ofrecer unha proposta de maior calidade”.
A maiores das persoas que participaron de Ferrolterra, Eume e Ortegal, inscribíronse tamén outras chegadas de diversos puntos de Galicia e España e tamén de Portugal e de países como Alemaña ou Brasil, o que lle deu a este evento un carácter internacional. A presencia do campión do mundo de Magic The Gathering, o valenciano Javier Domínguez, a retransmisión en streaming dos principais torneos coa participación de influencers e colaboradores e a asistencia do artista francés Johann Bodin, que amosou as súas ilustracións e asinou cartas de Mtg deseñadas por el, estiveron entre as principais novidades desta convocatoria.
O pavillón Campo da Serra reabriu as súas portas esta mañá, ás 9.00 horas, para iniciar o torneo Modern Impact Returns e a partir das 12.00 horas puidose ver de novo a exposición Retro e comezou outro dos torneos, o de Gastlands, que rematará sobre as 17.00 horas. Así mesmo, tamén dende as 16.30 comezaron a disputarse os torneos de Magic The Gathering, Modern e outros formatos, así como o de Un Cube MTG. Tanto no día de hoxe como na xornada de onte –pola mañá e pola tarde- os asistentes tiveron a oportunidade de participar en varios obradoiros: Hama Beads, xogos de taboleiro, iniciación a Magic The Gathering, xogar en consolas retro… e, hoxe, tamén practicar xogos como o Mikado, tradicional no Xapón.
O venres pola tarde disputáronse torneos de Magic The Gathering nos formatos Modern e Legacy e o sábado foron os torneos de Legacy, que se compaxinaron con outras propostas do programa, como torneos varios de Retro Galaicos –con Retro Narón-, ou obradoiros de personalización de chapas –coa asociación cultural Gaikai- entre outras propostas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal