Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PROGRAMA CINE DE VERÁN INCLÚE A PROXECCIÓN MAÑÁ EN XUVIA DO FILME HOTEL TRANSILVANIA 3
A segunda sesión cinematográfica desta semana no marco deste programa será o vindeiro xoves, día 4, na pista polideportiva de San Xiao, donde se poderá ver a película Cavernícola
Narón, 2 de xullo de 2019. A segunda das xornadas de Cine de verán, un ciclo organizado polo Padroado da Cultura en colaboración coa Deputación da Coruña, terá lugar mañá mércores –ás 22.30 horas, cando comezarán todas as proxeccións deste ciclo- na Praza do colexio de Xuvia, donde se poderá ver, de balde nunha gran pantalla, a película Hotel Transilvania 3. Unha familia de monstros que se embarca nun cruceiro de luxo protagoniza esta historia coa que se divertirán o público asistente que, a medida que avanza o filme verá que o que era unha historia tranquila torna nun pesadelo. A vindeira cita de Cine de verán será o vindeiro xoves, día 4, na pista polideportiva de San Xiao, donde se proxectará Cavernícola, un filme protagonizado por unha tribu integrada por homes e mulleres inadaptados e ambientada na Idade de Pedra. As persoas desta tribu salvarán o seu fogar e ensinarán a un grupo de cavernícolas a xogar ao fútbol. A seguinte película deste ciclo de cine será Mago dubidoso, que se poderá ver o 10 de xullo na pista polideportiva de Pedroso. Este film realizado en Galicia é unha animación en 2D dunha adaptación dunha novela de Roque Cameselle, na que se conta a historia dun pequeño mago que loita contra a superstición. O día 11 de xullo Cine de verán estará na parroquia de San Mateo, concretamente na pista polideportiva desta parroquia, donde se poderá ver Os fenómenos. Trátase doutra película galega na que actúan Lola Dueñas e Luis Tosar, entre outros recoñecidos actores e actrices. Unha muller que vive en Almería co seu home e o seu fillo vive un inesperado acontecemento que fai que regrese á súa cidade natal, Ferrol. O día 17 de xullo proxectarase no Centro Cívico Social do Val a película Maimiño, tamén grabada en Galicia e de animación, sendo unha versión libre do conto de Pulgarcito. O ciclo Cine de verán rematará o 18 de xullo na Praza de Galicia, donde se poderá ver Soño dunha noite de San Xoán, unha historia na que se amosa que nesa máxica noite os humanos poden acceder ao mundo dos duendes e converter os soños en realidade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal