Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO FACILITARÁ UN SERVIZO DE ASESORAMENTO PARA EMPRENDEDORES E COMERCIANTES
O CONCELLO FACILITARÁ UN SERVIZO DE ASESORAMENTO PARA EMPRENDEDORES E COMERCIANTES
Trátase da Guía de Implantación e Mellora Comercial
A Concelleira de Promoción Económica, Ángeles Díaz, presentou acompañada da Consultora da empresas Proxectos, Susana Santamarina, a Guía de Implantación e Mellora Comercial que estará a disposicións dos veciños de Narón, tanto futuros emprendedores como pequenos comerciantes, a principios do vindeiro ano. Durante os últimos meses, os comerciantes e a poboación de Narón foron visitados por un conxunto de enquisadores con motivo da realización dun diagnóstico da situación do pequeno comercio de Narón. Realizáronse un total de 729 enquisas, 329 ó sector do comercio e 400 á clientela.

Na estrutura do estudo analízanse unha serie de variables desde dúas ópticas diferenciadas: a da oferta e a da demanda. Dende o punto de vista da oferta os factores que inflúen son a antigüidade ,a forma xurídica, o réxime de propiedade, tamaño do establecemento, xornada de venta ó público, servizos prestados, organización e medios cos que contan, etc. E dende o punto de vista da demanda interesan máis o lugar de compra, os hábitos, a valoración dos tipos de comercio existentes, os horarios de apertura do comercio, etc. O que se pretende é dotar á Concellería de Promoción Económica, da que partiu esta iniciativa, dun coñecemento exhaustivo e profundo da realidade e problemática do pequeno comercio, que permita proporcionar apoio e asesoramento para mellorar a calidade dos existentes, e potenciar o establecemento de novos negocios nas áreas nas que este sector é deficitario en Narón.

Estes son algúns datos extraídos do estudo: o tecido comercial de Narón está
composto por 931 establecementos comerciais e hostaleiros, acadando un
maior peso subsectores como café- bares, alimentación e téxtil e calzado; a forma xurídica predominante é a de autónomo (71,1% do comercio enquisado) cunha antigüidade de 4 a 10 anos, e local en propiedade entre 51 e 100 m²; as tres maiores zonas comerciais son A Gándara (65,3%), O Alto (26,5%) e Santa Icía (21,3%). Os principais problemas que afectan ao sector son o pouco dinamismo da zona, a falta de centros de ocio ou atracción, a mala comunicación do transporte público, o deficiente estado dalgunhas rúas, ou a falta de iluminación. Ademais, o 27,1 % dos establecementos enquisados consideran “moiprexudicial”, e o 35 % considera “perxudicial” a existencia de Grandes superficies.

Do estudo se derivan a seguintes recomendacións para o comercio:

- Coidado dos valores fundamentais como o trato personalizado e a confianza a atención ó cliente.
- Proporcionar o maior número posible de servizos adicionais.
- Mellorar o escaparatismo e o merchandising.
- Actualizar a gama de produtos e tender á especialización.
- Artellar sistemas de queixas e suxerencias.
- Mantemento de horarios homoxéneos.
- Fomento da formación continua dos comerciantes.
- Adaptación ós cambios de hábitos nos consumos dos clientes.
- Bo acondicionamento do local, tanto se está en réxime de propiedade como de aluguer.
- Participación e fomento en actividades conxuntas.


Baseándose neste estudo de diagnóstico, a empresa Proxectos procedeu ó deseño dunha guía en soporte CD-Rom para a implantación de novos establecementos comerciais e para a mellorar dos xa activos. A guía consistirá en un programa informático interactivo, no que, a partir da información aportada polo comerciante ou emprendedor e da información aportada polo estudo previo, se definirá automaticamente un Plan de Empresa no caso dos novos comercios, e un plan de mellora no caso dos que están xa en funcionamento.

A guía de implantación utilizará a seguinte información: entorno, demanda, oferta, recursos técnicos e humanos necesarios, organización do traballo, elección da forma xurídica, recursos económicos necesarios, plan de financiamento, inversións, necesidades de tesourería, contas de resultados, balances, ratios de rentabilidade e de estrutura e valoración da competencia, todo elo atendendo a diferentes escenarios posibles.

A utilización da guía comezará a ser efectiva a principios do ano 2009 e facilitada a través dun técnico municipal,e dotará dunha metodoloxía práctica e operativa para a realización dunha primeira aproximación á definición do proxecto empresarial do usuario e a avaliación da viabilidade económica e financeira do mesmo. A guía pretende dotar tamén ós comerciantes en activo dunha metodoloxía práctica e actualizada da análise da situación na que se encontran e das orientacións de cara ó futuro.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal