Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PABLO DÍAZ E LE BARLUTHIER ACTUARÁN O VINDEIRO DOMINGO NO MARCO DO PROGRAMA MUNICIPAL "VERDE QUE TE QUERO VERDE"
A cita será o vindeiro día 7 no parque da rúa 25 de Xullo, no Alto, a partir das 12.30 horas
Narón, 3 de xullo de 2019. A segunda xornada do programa municipal Verde que te quero verde, impulsado a través do Padroado da Cultura, terá lugar o vindeiro domingo, día 7, no parque da rúa 25 de Xullo, no Alto do Castiñeiro. A partir das 12.30 horas comezará o espectáculo do músico coruñés Pablo Díaz, ao que seguirá un concerto da formación Le Barluthier, que dará comezo sobre as 13.00 horas. Pablo Díaz percorre diferentes ciudades co seu segundo traballo, Toc Toc, da editorial Galaxia e do que xa vendeu máis de 5.000 libro-discos. No ano 2014 este traballo do músico coruñés gañou o Premio da Música Martín Códax como mellor trabalo de música infantil e no ano 2015 o Premio Frei Martín Sarmiento para os escolares de educación Primaria de Galicia. O humor, a alegría, a amizade e a defensa do medio ambiente estarán moi presentes neste espectáculo. Pola súa banda, a formación Le Barluthier traerá a Narón un piano-bar dos anos 30 e 40. Tres músico baristas (piano, voz e washboard) e un pequeño piano de cola cunha Caixa de resonancia convertida en barra de bar –con billa e fregadeiro- constitúe o espazo móbil do espectáculo, no que recrean un salón de cócteles con música en directo e servindo as bebidas os propios músicos. O domingo día 14 actuarán no parque da rúa Francisco Pizarro, na Solaina, o artista galego Pulpiño Viascón, un multiinstrumentista, compositor e clown e a formación Broken Peach, integrada por catro voces, batería, baixo e guitarra-piano. A última proposta deste programa municipal terá lugar no parque da rúa Mariña Española, o día 21 deste mes, e correrá a cargo do músico Paco Nogueiras e do cantor e compositor Fred Martins. Cada unha destas citas dominicais dará comezo ás 12.30 horas e prolongarase aproximadamente durante unha hora. O programa municipal Verde que te quero verde, que este ano alcanza a súa terceira edición, consiste nunha actividade musical a modo de apertura, dirixida ao público familiar e un concerto a continuación.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal